Titoría de pais e nais

O contacto frecuente entre as familias e o centro axuda a que o proceso educativo se desenvolva dun xeito eficaz.

  • Cando desexen ter unha entrevista co/a titor/a do seu fillo/a deben poñerse en contacto co centro (881 866630) con uns días de antelación para que poidamos recabar a información necesaria falando co resto do profesorado.
  • Se vostede quere contactar con un dos profesores do seu fillo (que non sexa o titor) pode pedirlle cita ao titor chamando ao mesmo número.

A continuación aparecen as horas que os/as titores/as e profesores teñen destinadas no seu horario para recibir as familias. No caso de que non poidan acudir ó centro nesa hora deben acordar outra co/a titor/a.