Reserva de praza e admisión 2020-2021

Procedemento de admisión de alumnado (ESO e Bacharelato) en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021. De acordo coa Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, do 1 ao 17 de febreiro ábrese o prazo para a RESERVA DE PRAZA no centro de adscrición, esto é, do CEIP Escarabote ao IES Espiñeira (Anexo I). Do 1 ao 20 de marzo, abrirase o prazo de presentación das solicitudes de ADMISIÓN para alumno de centros non adscritos (Anexo II).

NOTA INFORMATIVA PROCESO ADMISIÓN CURSO 2020/2021

  1. Cada alumna e alumno só pode presentar UNHA ÚNICA SOLICITUDE no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que lle correspondan.
  2. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, si presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ó mesmo tempo, ó centro de orixe.
  3. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, si decide presentar solicitude de admisión noutro distinto deberá renunciar á prazas no centro onde tiña feita a reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes.
  4. O prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo, de selo caso, será do 20 de maio ao 26 maio de 2020.
  5. Centros adscritos ao IES Espiñeira: CEIP Escarabote.
NOVO CALENDARIO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2020/2021
DEBIDO AO ESTADO DE ALARMA POLO COVID-19
11-18 DE MAIO Solicitude de admisión (Anexo II)
20-26 DE MAIO Prazo para achegar documentación para baremar (no caso de que haxa máis demanda que oferta)
8 DE XUÑO Publicación da listaxe provisional de admitidas/os e non admitidas/os
11 DE XUÑO Data límite para presentar reclamación á listaxe provisional
26 DE XUÑO Publicación das listaxes definitivas de admitidas/os.
25 DE XUÑO AO
10 DE XULLO
Prazo ordinario de formalización de matrícula de ESO e Bacharelato (Formulario de matrícula)
1-10 DE SETEMBRO Prazo extraordinario de formalización de matrícula de ESO e Bacharelato (Formulario de matrícula)