Nado en 1905 en Cerdedo-Cotobade e finado en 1999 en Santiago de Compostela, Antón Fraguas foi un dos máis relevantes persoeiros no ámbito intelectual e galeguista do século XX, que destacou, sobre todo polos seus traballos como historiador e antropólogo.
Discípulo de Castelao e de Losada Diéguez -de quen foi alumno de bacharelato en Pontevedra-. Membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos na mocidade, historiador, etnógrafo, director e presidente do Museo do Pobo Galego, Antón Fraguas Fraguas dedicou a vida ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía.