PONTE DE MAIO

Con motivo da ponte do primeiro de maio as clases rematarán o xoves 30 de abril pola tarde e reiniciaránse o martes 5 de maio ás 8:45.

EXAMES FINAIS

Os exames de finais de 2º de bacharelato celebraranse do 18 ao 22 de maio de 2015. Os exames finais de materias pendentes celebraranse do 13 ao 15 de maio de 2015 para o bacharelato e do 25 ao 29 de maio de 2015 para a ESO.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS SUPERIORES: LUGARES E INSTRUCIÓNS

Como xa sabedes, o 29 de abril celébranse as probas de acceso a ciclos superiores, @s alumn@s matriculados no IES ESPIÑEIRA realizarana no CIFP COROSO de Ribeira, se queredes consultar que lugares lles corresponden a alumn@s matriculados noutros centros picade no seguinte enlace. A presentación será ás 9 horas, o exame das asignaturas da parte común da proba entre as 10,15 e as 13,30 horas e os exames da parte específica entre as 16 e as 18,30 horas.

OLLOBOI QUERE SER CANTEIRA DO AUDIOVISUAL NA ESCOLA

A asociación Marearte, integrada por un grupo de barbanceses vinculados co mundo da educación, xa ten en marcha a maquinaria dunha nova edición do festival audiovisual Olloboi. O certame incorpora este ano novidades como a súa exclusividade no eido do ensino ou unha rede de coñecidos cómplices que están axudando na promoción. Unha das impulsoras desta iniciativa é Ana Moreiras, mestra no instituto A Cachada boirense.

O BOIRENSE PABLO BUGALLO Á LIGA MUNDIAL DE VOLEIBOL

El boirense Pablo Bugallo entró ayer en la convocatoria de la selección española para disputar la Liga Mundial 2015, el torneo internacional más prestigioso. Su nombre figura en una lista de 25 jugadores que vestirán la camiseta de la Roja en verano. España está encuadrada en el grupo H de la tercera fase y tendrá como rivales a los combinados nacionales de Kazajistán, Egipto y Venezuela.

Páxinas