HOXE, 23 DE ABRIL, CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO!

Dende o Club de Lectura do IES Espiñeira queremos celebrar o Día do Libro con estas recomendacións dos nosos integrantes:

· Recomendación de LARA SAMPEDRO

Título: Made in Galiza

Autor: Séchu Sende

Eu recomendo este libro porque é moi divertido. Este libro non é só un libro, senón que son moitos contos diferentes. A única relación que teñen é que tratan sobre a lingua.

A Consellería de Educación apraza as probas de acceso a ciclos de FP de grao superior

A Consellería de Educación vén de tomar a decisión de aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, prevista para o día 23 de abril, debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19. Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario de probas de acceso. Polo momento mantéñense as probas de acceso a grao medio para o 28 de maio.

ABALAR MÓBIL

Nestes días considereamos que é oportuno ter a aplicación AbalarMóbil. O centro utiliza esta aplicación para o envío de notificacións e vai a ser tamén o medio de comunicación para a entrega das notas da 2ª avaliación.

Para todas as familias que todavía non teñen a aplicación no seu móbil, aquí deixamos un enlace para a súa instalación.

Abalar Mobil: guía para a súa instalación

 

2ª AVALIACIÓN - NOTAS XOVES 02 DE ABRIL

Este mércores 01/04/20 procedemos á avaliación telemática de todos os cursos. As instrucións xa se lles fixeron chegar a profesores e profesoras. O xoves día 02/04/20, as familias recibirán os boletíns de NOTAS por ABALAR e, de non ter Abalar, os titores poñeranse en contacto con elas por correo electrónico ou por teléfono.

Agradecemos a colaboración de toda a Comunidade Educativa pola colaboración prestada nestas circunstancias tan novedosas e inusuais para tod@s.

Páxinas