MOSAICO VENTO MAREIRO

 Mosaico Vento Mareiro. O IES Espiñeira quere expresar o seu sincero agradecemento a todas aquelas persoas e institucións que fixeron posible este proxecto grazas á súa colaboración e/ou doazóns: Concello de Boiro, Cerámicas Castro e  Sargadelos e Comunidade educativa do IES Espiñeira. Queremos agradecer especialmente a colaboración de Xerardo e Manuel Rodríguez; sen eles esta obra non se tería realizado.

PROBAS LIBRES DE FORMACIÓN PROFESIONAL. CONVOCATORIA 2015-2016

 As probas libres permiten obter directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos fixados no currículo respectivo. Se queres máis información (requisitos, presentación de solicitudes, prazos, formularios) preme no enlace de probas libres.

MOSAICO MURAL IES ESPIÑEIRA

O vindeiro martes 12 de abril, coa axuda de Xerardo Rodríguez, vaise realizar no noso centro un mosaico relacionado co mar. Convidamos a todo o profesorado e alumnado pertencente ao centro a colaborar na súa realización. As actividades levaranse a cabo de 11:40 a 14:00 e de 16:30 a 18:00.

Páxinas