Acreditación de competencias. Convocatoria 2015

Publicada a Orde do 16 de decembro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, en Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. O prazo de presentación de solicitudes será desde o 8 de xaneiro de 2015 ao 6 de febreiro de 2015.

LO DEL TECLADO ES SOLO EL PRINCIPIO

El anuncio de que las escuelas finlandesas sustituirán el aprendizaje obligado de la caligrafía cursiva por el del uso del teclado qwerty ha provocado un llamativo debate en los medios y en el gremio. Llamativo, digo, antes que interesante, porque más que ir al fondo del asunto revela la superficialidad de algunos tópicos en torno a la escritura. Ler máis

FORMACIÓN ON-LINE GRATUITA

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo convoca a 6ª Escola Virtual de Igualdade. A Escola Virtual de Igualdade é un programa do Instituto da Muller dirixido á formación en igualdade entre mulleres e homes. Os cursos, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, impártense gratuitamente a través da plataforma virtual www.escuelavirtualigualdad.es A formación conta cun servizo de titoría especializado, así como foros de debate temáticos.

XORNADAS DIVULGATIVAS NO CIQUS

Os alumnos de 2º de Bacharelato participaron nas xornadas de divulgación do Centro Singular de Investigación en Química Biológica y Materiales Moleculares (CIQUS) da Universidade de Santiago. Estas visitas pretenden destacar as aportacións da química na mellora da calidade de vida das persoas, así como a importancia da investigación científica e coñecer de primeira mán a realidade dun centro de investigación. Se queredes ver imaxes da visita, pinchade en Extraescolares.

Páxinas