25 NOV: DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Outro ano máis achegase unha data que lamentablemente temos que lembrar: o 25 N.

Este ano, no día en Contra a Violencia de xénero, o IES conta coa axuda inestimable do noso Anpa que elaborou unha serie de actividades para conmemorar esta negra data.

En primeiro lugar, invítanos a "berrar" con esta máscara: O AMOR NON DOE. A recadación pola venta destas mácaras e as pulseiras irá integramente para a Asociación Mirabal, unha asociación betanceira sen ánimo de lucro que axuda ás víctimas (mulleres e menores) de violencia de xénero en Galicia (https://www.facebook.com/asociacionmirabal). As máscaras e pulseiras pódense mercar nos establecementos de Boiro e durante os recreos no propio IES (dende este luns ata o mércores).

Grazas tamén á nosa Anpa, impartiranse charlas para todo o alumnado da ESO sobre a Violencia de Xénero.

Ademáis, invitarase a toda a comunidade educativa a traer unha máscara negra o 25 de novembro que visibilice o compromiso que ten o centro coas víctimas da violencia de xénero. Todo aquel que o desexe poderá colaborar na elaboración dun mural e un vídeo no que se colgarán os nomes das mulleres asasinadas pola violencia de xénero durante este ano, utilizando as bolboretas por ser o símbolo das irmáns Mirabal.

NON A VIOLENCIA DE XÉNERO. O AMOR NON DOE.