INFORMACIÓN CURSO 2020-2021. ACTUALIZADO.

Estimadas familias,

En primeiro lugar desexamos transmitirlle un saúdo de parte do persoal do centro, esperando que tiveran un bo verán e que se atopen todas e todos ben. Imos dar comezo a un novo curso cheo de novidades que desexamos comentarlle.

Durante o curso 2020-2021 no centro levaranse a cabo varias modificacións a nivel organizativo, motivadas pola situación sanitaria que estamos a vivir a causa da COVID-19. Todos estes cambios están recollidos no Plan de Adaptación do IES Espiñeira á situación COVID e estará dispoñible na nosa páxina web unha vez informado o Consello Escolar. Dito plan recolle as medidas que se van adoptar a fin procurar un entorno educativo o máis normalizado e seguro tanto para o alumnado, profesorado, persoal do centro, como para as familias.

En todo momento se garantirán as medidas de hixiene e distancia social propostas pola Consellería, ó tempo que limitamos o número de persoas coas que o alumnado pode estar en contacto establecendo varias quendas de recreo e saídas, estudando o fluxo de alumnado e evitando, ó máximo, compartir espazos. Logramos establecer así un anel de seguridade que poida evitar a extensión dun posible contaxio a todo o centro educativo.

Estes son os aspectos máis salientables que afectan a organización no curso 2020-2021:

1. PRESENTACIÓN DO INICIO DE CURSO. HORARIO DE ENTRADA ESCALONADO E POR NIVEIS.

Os días da presentación (23, 24 e 25 de setembro), todos os grupos realizarán a entrada pola PORTA B, porta dianteira da planta 0 (Salón de actos).

A entrada escalonada realizarase deste xeito (ver horario presentación):

• 23 setembro. Deberá presentarse o alumnado de:

- 2º ESO ás 8:45 horas.

- 1º ESO ás 9:35 horas.

- 1º BAC ás 10:50 horas.

- 1º Ciclo Medio de Xestión Administrativa (1ºCMXA) ás 12:00 horas.

- 1º Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións (1ºCMIT) ás 12:45 horas.

- 1º de Ciclo Superior de Administración e finanzas (1ºCSAF) ás 13:30 horas.

• 24 de setembro. Deberá presentarse o alumnado de:

- 3º ESO ás 8:45 horas.

- 2º BAC ás 10:50 horas.

- 2º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa (2ºCMXA) ás 12:30 horas.

- 2º Ciclo Superior Administración e finanzas (2ºCSAF) ás 13:00 horas.

• 25 de setembro: Deberá presentarse o alumnado de:

- 4º ESO ás 8:45 horas.

- 1º de Formación Profesional Básica de Informática e Comunicacións (1ºFPB) ás 9:35 horas.

- 2º de Formación Profesional Básica de Informática e Comunicacións (2ºFPB) ás 10:50 horas.

2. ORGANIZACIÓN DO CURSO 20-21.

2.1. HORARIOS DE ENTRADA, SAÍDA E RECREOS: ESCALONADOS E DIFERENCIADOS POR NIVEL. (Ver horario curso)

A hora de entrada será común para todo o alumnado ás 8:45 horas. A medida que o alumnado vaia chegando ó centro, terá que dirixirse directamente ás aulas e non permanecer nos espazos comúns. O instituto abre ás 8.30h.

As saídas realizaranse en dúas quendas:

-ás 14:00 h. FBP e Bacharelato.

-ás 14:10 h. toda a ESO.

- Ciclos 14.00 h martes e venres. 15.00 h luns, mércores e xoves.

Martes pola tarde: A hora de entrada será común para todo o alumnado ás 16:20 horas, pero o alumnado terá que dirixirse directamente ás aulas e non permanecer nos espazos comúns.

As saídas realizaranse en tres quendas:

-ás 17:50 horas FBP e Bacharelato.

-ás 18:00 horas toda a ESO.

-ás 18:50 Ciclos Medio e Superior.

O recreo realizarase por niveis. Haberá pois tres quendas de recreo:

- 1º, 2º, 3º e 4º ESO das 11:15 h. ás 11:40 h.

- 1º e 2º de Bacharelato e 1º e 2º FPB das 10:25 h. ás 10:50 h.

- Ciclos Medio e Superior das 12:05 h. ás 12:30 h.

2.2. PORTAS DE ENTRADA E SAÍDA (ver plano)

O alumnado do centro entrará e sairá pola mesma porta durante todo o curso. Así:

- 1º ESO entrará pola PORTA A, porta dianteira lateral planta 0 (Aula de música).

- 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO entrará pola PORTA B, porta dianteira planta 0 (Salón de Actos).

- 1º BAC entrará pola PORTA D, porta traseira lateral planta 1 (Dirección).

- entrará pola - 2º Bach e CICLOS:

- 2º Bacharelato, Ciclo Medio de Xestión Administrativa e Ciclo Superior Administración e finanzas entrará pola PORTA C, porta principal dianteira planta 1.

- Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións entrará pola PORTA E, porta do edificio de telecomunicacións.

3. USO DE MÁSCARA

O uso da máscara é obrigatorio para todo o alumnado (Ver vídeo na web). Cada alumna e alumno debe traer a súa máscara. Deberá así mesmo ter entre o seu material unha segunda máscara de reposto.

4. COVID-19.

Todas as mañás antes de dirixirse ó centro, deberase atender a ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA (Ver enquisa) para poder identificar os síntomas clínicos sospeitosos de infección por coronavirus.

Todas as familias deberán achegar ó centro a DECLARACIÓN RESPONSABLE de realizar a enquisa de autoavaliación clínica COVID cada mañá (Ver declaración). Esta declaración será entregada a todo o alumnado do centro ó día da presentación. Será cumprimentada e firmada polos responsables (nai, pai ou titor legal) e entregada nos días seguintes ó titor correspondente.

En caso de que a alumna ou alumno presente unha sintomatoloxía susceptible de ser COVID-19 deberá:

-chamar ó centro á primeira hora da mañá

-e mandar un correo electrónico a seguinte dirección: covid@iesespineira.org indicando que sintomatoloxía presenta.

Neste caso NON DEBERA ACUDIR Ó CENTRO baixo ningún concepto.

Quedando a súa disposición, reciban un cordial saúdo.

A dirección do IES Espiñeira.