RECOLLIDA DE NOTAS E DEVOLUCIÓN DE LIBROS

O día 23 de xuño cada grupo será citado a unha hora co seu titor para entregar os boletíns de notas. Ademáis ese mesmo día o alumnado afectado deberá:

  • Devolver os libros de texto do fondo de libros (Todos os alumnos e todos os libros. Ao alumnado con materias pendentes para setembro prestaráselle de novo o material necesario).
  • Devolver libros de préstamo da biblioteca.
  • Devolver os equipos informáticos de préstamo (só alumnado que aprobe todas as materias).
  • Recollida do sobre de matrícula.

No seguinte enlace pode consultar o horario dos grupos para a recollida de notas.