IES ESPIÑEIRA EN TWITTER E FACEBOOK

 O IES Espiñeira xa ten conta en Twitter e Facebook. A través destas redes sociais toda a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado) tera acceso directo aos avisos de carácter xeral (matrícula, bolsas, libros, titorías, …) e a información variada sobre a vida cotiá do centro e as actividades que aquí se desenvolven. Se aínda non tes conta en Twitter ou Facebook, en pouco menos de 5 minutos poderá crear unha conta persoal e dispor no teu móbil de toda a información relevante do centro. Unha vez creada a túa conta en Twitter ou Facebook poderás atoparnos nos respectivos buscadores como IES Espiñeira. Despois só teras que configurar a túa conta para recibir as notificacións.