XORNADAS DIVULGATIVAS NO CIQUS

Os alumnos de 2º de Bacharelato participaron nas xornadas de divulgación do Centro Singular de Investigación en Química Biológica y Materiales Moleculares (CIQUS) da Universidade de Santiago. Estas visitas pretenden destacar as aportacións da química na mellora da calidade de vida das persoas, así como a importancia da investigación científica e coñecer de primeira mán a realidade dun centro de investigación. Se queredes ver imaxes da visita, pinchade en Extraescolares.