NOTA INFORMATIVA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

Infórmase ás familias que presentaron solicitude de admisión entre o 1 e 20 de marzo para que os seus/súas fillos/as poidan cursar estudos de ESO e/ou bacharelato no ano académico 2019-20 no IES Espiñeira, de que todos/as os/as alumnos/as están provisionalmente admitidos/as (as listaxes provisionais pódense consultar no taboleiro de anuncios do centro). Na vindeira semana, como estaba previsto, hase proceder á publicación destas listaxes xa con carácter definitivo.

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE FORMACIÓN PROFESIONAL. CURSO 2018-2019

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Páxinas