Archive for octubre, 2014

Biblioteca escolar… matemático!!!


2014
10.14

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,  publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras.  O lema elixido para este curso 2014/2015, Biblioteca escolar… matemático!!!, salienta o papel imprescindible da biblioteca escolar nos centros educativos e busca espertar, ao tempo, o interese polas matemáticas.

Máis información

Na biblioteca do noso centro tendes a vosa disposición os seguintes títulos de lecturas relacionadas coas matemáticas:

  • ¡Ojalá no hubiera números!, Serrano Marugan, Esteban   4620 (51) SER   Recomendado para  1º ESO.
  • Andrés y el dragón matemático. Campos Pérez, Mario 8291(5)CAM     Recomendado para  1º ESO.
  • Cuentos del cero. Balbuena, Luis   8292(5) BAL  Recomendado para  1º ESO.
  • El asesinato del profesor de matemáticas. Sierra i Fabra, Jordi 6916(5) SIE   Recomendado para primeiro ciclo da ESO.
  • El curioso incidente del perro a medianoche. Haddon, Mark 3164(8) HAD Recomendado para Bacharelato.
  • El diablo de los números. Magnus Enzensberger, Hans 7460(5) MAG Recomendado para segundo ciclo de ESO.
  • El hombre que calculaba. Tahan, Malba 8136(5) TAH   Recomendado para segundo ciclo de ESO.
  • El ocho. Neville, Katherine 8139(5) NEV  Recomendado para Bacharelato.
  • El teorema. Fawer, Adam 8141(5) FAW   Recomendado para Bacharelato .
  • El teorema del loro. Guedj, Denis 8135(5) GUE  Recomendado para Bacharelato.
  • El tío Petros y la conjetura de Goldbach. Doxiadis, Apostolos 7527(5) DOX  Recomendado para Bacharelato.
  • La incógnita Newton. Shaw, Catherine 8140(5) SHA  Recomendado para Bacharelato.
  • Los crímenes de Oxford. Martínez, Guillermo 7514(5) MAR  Recomendado para Bacharelato.
  • Los diez magníficos. Un niño en el mundo de las matemáticas. Cerasoli, Anna.   8137(5) CER   Recomendado para  1º ESO.
  • Malditas matemáticas. Alicia en el País de los Números. Frabetti, Carlo. 7470(5) FRA  Recomendado para primeiro ciclo da ESO
  • Matecuentos, cuentamates. Collantes Hernaez, Joaquín 6580(5) COL    Recomendado para primeiro ciclo da ESO
  • Planilandia, Abbot, Edwin A. 7513(5) ABB   Recomendado para Bacharelato.
  • Teatromático. Divertimentos matemáticos teatrales para todos los públicos. Roldán Castro, Ismael. 4421(51) ROL  Recomendado para Bacharelato.

PROGRAMACIÓN 3º PDC – ÁMBITO CIENTÍFICO-TÉCNICO


2014
10.14

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PDC 2014-2016

Comentarios desactivados en PROGRAMACIÓN ESO E BACHARELATOS

PROGRAMACIÓN ESO E BACHARELATOS


2014
10.07

PROGRAMACIÓN -14-15 espiñeira

Comentarios desactivados en PROGRAMACIÓN PCPI

PROGRAMACIÓN PCPI


2014
10.07

PROGRAMACIÓN PCPI 2º

Comentarios desactivados en PLAN DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES

PLAN DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES


2014
10.07

PLAN DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES 2014-2015

DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

 

O departamento de Matemáticas establece as seguintes medidas de atención para alumnos con materias pendentes:

  1. Plan de recuperación de materias pendentes de ESO

A recuperación das matemáticas pendentes do curso anterior farase mediante o seguinte procedemento. Os alumnos (que non cursen PDC) terán as seguintes posibilidades:

a)     O profesor encargado fará un seguimento da evolución do alumno ao longo do curso realizando unha serie de probas coas que valorará se o alumno ten superados os obxectivos do curso pendente.

b)    Realizar unha proba de toda a materia. Os alumnos que non aproben a materia polo procedemento a) poderanse presentar a esta proba coa/s parte/s suspensa/s.

 

Para todos os cursos haberá unha proba extraordinaria de pendentes en setembro que versará sobre os contidos de todo o curso.

 

  1. Plan de recuperación de materias pendentes  para ALUMNOS DO PDC:
  • Aqueles alumnos que teñan o Ámbito Científico-Técnico pendente terán que realizar traballos de recuperación da materia pendente. Eses traballos e mais o rendemento diario na materia de 4º servirán para valorar se o alumno supera o Ámbito de 3º pendente.
  • Os alumnos de PDC que teñan as Matemáticas dos cursos anteriores pendentes serán avaliados mediante o traballo diario no Ámbito Científico-Técnico, de xeito que se un alumno supera os obxectivos do curso actual terá automáticamente superadas as Matemáticas dos cursos anteriores. En caso contrario o profesor poderá optar por outros instrumentos de avaliación (probas, traballos…) para determinar se se supera algún nivel pendente.

 

Haberá tamén unha proba extraordinaria en setembro que versará sobre os contidos de todo o curso.

  1. Plan de recuperación de Matemáticas I  ou Matemáticas Aplicadas I pendente de BACHARELATO

A recuperación das Matemáticas pendentes do curso anterior farase mediante probas escritas. Os alumnos terán as seguintes posibilidades:

a)     Realizar varias probas, nas datas acordadas co profesor. A nota mínima para facer media nas probas será un 3.

b)    Os alumnos que non aproben a materia polo procedemento anterior poderanse presentar a unha proba final coa/s parte/s suspensa/s na data que se lle comunique.

Haberá tamén unha proba extraordinaria en setembro que versará sobre os contidos de todo o curso.

 

 

  1. Atención ao alumnado e profesorado responsable do seguimento:

Aqueles alumnos con materias pendentes serán atendidos polo profesor que ese ano lles imparta a materia (no caso de alumnos de PDC con Matemáticas pendentes o profesor responsable será o profesor do Ámbito Científico-Técnico) que atenderá as consultas nas horas de clase e informará aos alumnos das datas de realización de probas e entrega de traballos.

Os alumnos que non cursen este ano ningunha materia do departamento (ademáis da pendente) serán atendidos pola xefa de departamento.

Programación 4º PDC – ÁMBITO CIENTÍFICO-TÉCNICO


2014
10.07

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PDC 2013-2015