Archive for febrero, 2012

Concurso de fotografía matemática: IES Espiñeira


2012
02.17

fotografía matemáticaBASES:
–    Establécense dúas categorías con opción a premio: Primeiro Ciclo da ESO e Segundo Ciclo da ESO nas que poderá participar calquera alumno do IES Espiñeira que curse ensinos obrigatorios.
–    Haberá unha terceira categoría fóra de concurso na que poderá participar calquera membro da comunidade educativa do centro.
–    O tema das fotografías ten que estar relacionado co mundo das matemáticas en calquera das súas manifestacións (figuras xeométricas, simetrías, azar, proporcións, funcións, …)
–    Rexeitaranse aquelas fotografías de mal gusto ou de contidos non axeitados.
–    Cada alumno pode entregar un máximo de 4 fotos
–    Todas as fotos deben presentarse xunto cos datos do alumno (nome, apelidos e curso), título e breve explicación do contido matemático observable na fotografía.
–    O xurado estará formado polo profesorado do Departamento de Matemáticas e o de Educación Plástica . A decisión do xurado será definitiva.
–    Valorarase a orixinalidade, a idoneidade do título, a calidade e beleza artística da imaxe, o contido matemático e a explicación dada.
–    As fotos serán presentadas en formato dixital na conta de correo ies.espineira@edu.xunta.es indicando no asunto Concurso de fotografía. Tamén se lle poderán entregar ao profesor de matemáticas  en formato dixital.
–    O prazo de presentación é do 6 de febreiro ao  12 de abril.
–    Nos cursos da ESO a participación no concurso será valorado como un traballo máis da clase.
–    O departamento resérvase o dereito a utilizar as fotografías presentadas para usos didácticos. Todas as fotos poderán ser publicadas en internet.
–    As fotografías deben ser orixinais e en ningún caso se aceptarán fotos descargadas de internet ou escaneadas de ningún tipo de medio gráfico. Non se aceptará ningún tipo de retoque fotográfico que cambie o contido do orixinal.
–    Os premios entregaranse o Día Escolar das Matemáticas: 12 de maio.

PREMIOS
En cada categoría establécense dous premios
–    1º premio: 20€ (VALE PARA CANXEAR NA CAFETERÍA DO CENTRO)
–    2º premio: 15€ (VALE PARA CANXEAR NA CAFETERÍA DO CENTRO)