Localización e acceso

O IES Espiñeira atópase a uns 500 metros do centro da vila de Boiro en dirección norte, moi preto do polígono industrial de Espiñeira. A continuación podes ubicar o IES Espiñeira no mapa do concello de Boiro.

Pódese acceder ó mesmo desde a AC-305, desde a estrada de Noia, AC-3101, ou desde a autovía do Barbanza AG-11 (Saída 24). Se pulsamos IES Espiñeira no buscador de mapas de Google, danos unha localización equivocada. Por este motivo incluimos unha vista aérea, o instituto é o edificio de tellado vermello situado ó lado da autovía.