Instalacións

Co obxecto de reforzar o vínculo entre a comunidade e o centro educativo e facilitar, a súa vez, o acceso á práctica deportiva dos colectivos e asociacións do concello de Boiro, o IES Espiñeira ten en funcionamento un programa de préstamo/cesión de instalación. Se desexa solicitar unha instalación do centro descargue a información necesaria e o formulario de solicitude. Posteriormente, deberá facer entrega da súa solicitude na secretaría do centro en horario de atención ao público.