Historia

Breve historia do centro

  • O centro empezou a funcionar no curso 1990/1991, nese momento só se impartía no centro o 1º curso de FP1 da rama de electricidade e electrónica. O equipo docente estaba integrado por seis docentes, e ademais traballaban no centro unha auxiliar administrativa, un conserxe e dúas limpadoras.
  • No curso 1991/1992 impartiuse 1º e 2º da rama de electricidade e electrónica, especialidade electrónica, e implantouse o 1º curso de FP da rama administrativo-comercial, especialidade administrativo.
  • No curso 1992/1993, ademais dos sucesivos cursos dos estudos de FP xa citados, o centro comeza a implantación anticipada da Educación Secundaria Obrigatoria. Ese ano imparteuse 3º de ESO.
  • No curso 1993/1994, o centro xa impartía tamén 4º de ESO, e tiña 300 alumnos/as, fronte ós 56 con que contaba tres anos antes.
  • No curso 1994/1995 o centro empeza a impartir o Bacharelato nas modalidades de Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais. Neste curso imparteuse só 1º.
  • No curso 1995/1996 empeza a impartirse o 2º de Bacharelato das modalidades xa citadas.
  • No curso 2013/2014 implántase o segundo curso do Programa de Cualificación Profesional Inicial.
  • No curso 2014/2015 implántase a Formación Profesional Básica (Informática e comunicacións).