CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS. Duración: 2000 horas (2 cursos)
Perfil profesional
1. Que se aprende a facer?
Organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais, laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada, aplicando a normativa e os protocolos de xestión de calida de, xestionando a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou dos usuarios, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
2. En que ámbitos se traballa?
En empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade, nomeadamente no sector de servizos, así como na Administración pública, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial, contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención á clientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas e xestionando o arquivo e as comunicacións da empresa. Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc.
3. Que ocupacións se desempeñan?
Administrativo/a de oficina, administrativo/a comercial, administrativo/a financeiro, administrativo/a contable, administrativo/a de loxística, administrativo/a de banca e de seguros, administrativo/a de recursos humanos, administrativo/a da Administración pública, administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías, técnico/a en xestión de cobramentos, responsable de atención á clientela.
4. Cales son os módulos deste ciclo e a súa duración?
1º Curso
- Comunicación e atención á clientela (160 h.).
- Formación e orientación laboral (107 h.).
- Inglés (160 h.).
- Ofimática e proceso da información (240 h.).
- Proceso integral da actividade comercial (133 h.).
- Recursos humanos e responsabilidade social corporativa (80 h.).
- Xestión da documentación xurídica e empresarial (80 h.).
2º Curso
- Contabilidade fiscalidade (157 h.).
- Formación en centros de traballo (384 h.).
- Proxecto de administración e finanzas (26 h.).
- Simulación empresarial (140 h.).
- Xestión de recursos humanos (105 h.).
- Xestión financiera (123 h.).
- Xestión loxística e comercial (105 h.).
5. Que título se obtén?
Técnico superior en administración e finanzas.
Se queres consultar o currículo do ciclo formativo de Administración e finanzas pincha no seguinte enlace: