FPGM Xestión Adm

CICLO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA. Duración: 2000 horas (2 cursos)

Perfil profesional

1. Que se aprende a facer?     

Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financiero e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

2. En que ámbitos se traballa?

En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecen do apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.

3. Que ocupacións se desempeñan?

Auxiliar administrativo/a, axudante de oficina, auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos, administrativo/a comercial, auxiliar administrativo/a de xes tión de persoal, auxiliar administrativo/a das administracións públicas, recepcionista, empregado/a de atención á clientela, empregado/a de tesouraría e empregado/a de medios de pagamento.

4. Cales son os módulos deste ciclo e a súa duración?

1º Curso Horas

  • Formación e orientación laboral (107 h.).
  • Inglés (160 h.).
  • Operacións administrativas da compraventa (133 h.).
  • Operacións auxiliares de xestión de tesouraría (160 h.).
  • Técnica contable (133 h.).
  • Tratamento informático da información (267 h.).

2º Curso

  • Comunicación empresarial e atención á clientela (123 h.).
  • Empresa e administración (123 h.).
  • Empresa na aula (156 h.).
  • Formación en centros de traballo (410 h.).
  • Operacións administrativas de recursos humanos (123 h.).
  • Tratamento da documentación contable (105 h.).

5. Que título se obtén?

Técnico en xestión administrativa.


Se queres consultar o currículo do ciclo formativo de Xestión Administrativa pincha no seguinte enlace:

FPGM Xestión administrativa.pdf