FPGM Inst. Telecomunicacións

CICLO MEDIO DE INSTALACIÓNS DE TELECOMUNICACIÓNS. Duración: 2000 horas (2 cursos)

Perfil profesional

1. Que se aprende a facer?     

Montar e manter instalacións de telecomunicacións e audiovisuais, instalacións de radiocomunicacións e instalacións domóticas, de acordo coa normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, de xeito que se asegure a súa funcionalidade e o respecto ambiental.

2. En que ámbitos se traballa?

En microempresas e en empresas pequenas e medianas, maioritariamente privadas, por conta propia ou allea, nas áreas de montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicación, instalacións de circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica, centrais telefónicas e infraestruturas de redes de voz e datos, sonorización e megafonía, instalacións de radiocomunicacións, sistemas domóticos e equipamentos informáticos.

3. Que ocupacións se desempeñan?

Instalador/ora de telecomunicacións en edificios de vivendas, instalador/ora de antenas, instalador/ora de sistemas de seguridade, técnico/a en redes locais e telemática, técnico/a en instalaión e mantemento de redes locais, instalador/ora de telefonía, instalador/ora montador/ora de equipamentos telefónicos e telemáticos, técnico/a en instalacións de son, instalador/ora de megafonía, instalador/ora mantedor/ora de sistemas domóticos, técnico/a instalador/ora mantedor/ora de equipamentos informáticos, e técnico/a en montaxe e mantemento de sistemas de radiodifusión.

4. Cales son os módulos deste ciclo e a súa duración?

1º Curso

  • Electrónica aplicada (266 h.).
  • Equipamentos microinformáticos (133 h.).
  • Formación e orientación laboral (107 h.).
  • Instalacións de megafonía e sonorización (160 h.).
  • Instalacións de radiocomunicacións (107 h.).
  • Instalacións eléctricas básicas (187 h.).

2º Curso

  • Circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica (157 h.).
  • Empresa e iniciativa emprendedora (53 h.).
  • Formación en centros de traballo (410 h.).
  • Infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios (123 h.).
  • Infraestruturas de redes de datos e sistemas de telefonía (174 h.).
  • Instalacións domóticas (123 h.).

5. Que título se obtén?

Técnico en instalacións de telecomunicacións.


Se queres consultar o currículo do ciclo formativo de Instalacións de telecomunicacións pincha no seguinte enlace:

FPGM Instalacións de telecomunicacións.pdf