FP Básica

GRADO PROFESIONAL BÁSICO EN INFORMÁTICA E COMUNICACIÓNS

A Formación Profesional Básica esta financiada polo Fondo Social Europeo.

 

1. Identificación do título.

O título profesional básico en Informática e Comunicacións queda identificado polos seguintes elementos:

  • Denominación: Informática e Comunicacións.
  • Nivel: Formación Profesional Básica.
  • Duración: 2.000 horas.
  • Familia Profesional: Informática e Comunicacións.
  • Referente europeo: CINE-3.5.3. (Clasificación Internacional Normalizada da Educación).

2. Competencia xeral do título.

A competencia xeral deste título consiste en realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, periféricos e redes de comunicación de datos, así como de equipos eléctricos e electrónicos, operando coa calidade indicada e actuando en condicións de seguridade e de protección ambiental con responsabilidade e iniciativa persoal e comunicándose de forma oral e escrita en lingua castelá e no seu caso na lingua cooficial propia así como nalgunha lingua extranxeira.

3. Módulos profesionais.

3.1. Primeiro curso.

  • Equipos Eléctricos e Electrónicos.
  • Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informáticos.
  • Ciencias aplicadas I.
  • Comunicación e sociedade I.

3.2. Segundo curso.

  • Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos.
  • Operacións auxiliares para a configuración e a explotación.
  • Ciencias aplicadas II.
  • Comunicación e sociedade II.
  • Formación en centros de traballo.

4. Entorno profesional.

Este profesional exerce a súa actividade por conta allea en empresas adicadas á comercialización, montaxe, mantemento e reparación de sistemas microinformáticos, equipos eléctricos ou electrónicos e en empresas que utilicen sistemas informáticos para a súa xestión.

5. Ocupacións e postos de traballo mais relevantes.

  • Axudante de montador de antenas receptoras/televisión satélites.
  • Axudante de instalador e reparador de equipos telefónicos e telegráficos.
  • Axudante de instalador de equipos e sistemas de comunicación.
  • Axudante de instalador reparador de instalacións telefónicas.
  • Axudante de montador de sistemas microinformáticos.
  • Axudante de mantemento de sistemas informáticos.
  • Axudante de instalador de sistemas informáticos.
  • Axudante de instalador de sistemas para transmisión de datos.
  • Operador de ensamblado de equipos eléctricos e electrónicos.
  • Auxiliar de mantemento de equipos eléctricos e electrónicos.
  • Probador/axustador de placas e equipos eléctricos e electrónicos.
  • Montador de compoñentes en placas de circuito impreso.

Se precisas o documento en formato PDF, pincha aquí.

 


NORMATIVA DE REFERENCIA

A continuación podedes consultar a normativa que regula a implantación, currículos, títulos académicos, acceso, admisión e aspectos específicos da Formación Profesional Básica.

Real Decreto 127/2014, de 28 de febrero, por el que se regulan aspectos específicos de la FP Básica de las enseñanzas de formación profesional del sistema educativo, se aprueban catorce títulos profesionales básicos, se fijan sus currículos básicos y se modifica el Real Decreto 1850/2009, de 4 de diciembre, sobre expedición de títulos académicos y profesionales correspondientes a las enseñanzas establecidas en la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.

Orden ECD/1030/2014, de 11 de junio, por la que se establecen las condiciones de implantación de la FP Básica y el currículo de catorce ciclos formativos de estas enseñanzas en el ámbito de gestión del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

ORDE do 5 de agosto de 2014 pola que se regulan aspectos específicos para a implantación das ensinanzas de FP Básica no curso académico 2014/15.

ORDE do 14 de agosto de 2014 pola que se regula o acceso e a admisión aos ciclos de FP básica e se autoriza a súa oferta para o curso 2014/15.

DECRETO 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da FP básica das ensinanzas de FP do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.