LA LEYENDA DEL SEGUNDO FÉRETRO de José María Latorre

leyenda

José María Latorre (Zaragoza 1945, 2014) foi un autor de guións para o cine e a televisión, crítico cinematográfico e escritor de terror e suspense. Como narrador publicou arredor de cincuenta novelas, así como varios títulos de literatura adulto-xuvenil, e libros de contos. Tamén participou como coautor en numerosos libros colectivos. Escribiu ensaios e guións para televisión e foi o coordinador xeral da revista «Dirigido por…». Obtivo numerosos premios literarios.

Invitado a una vila renacentista por unha amiga italiana que solicita a súa axuda, Alfredo vese mergullado nun mundo de pesadelo: a lenda referida a unha monstrosa criatura que vive nas entrañas da cripta familiar rexurdiu da noite dos tempos. A fermosa paisaxe da Toscana servirá como fondo para esta fascinante novela de terror, na que a figura maldita do necrofor adquire tanta forza como a do ghoul ou a do vampiro.

PREGUNTA: QUE POÑÍA A NOTA QUE LLE DEIXOU O PROTAGONISTA A ISABELLA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

EL MISTERIO DE LA CRIPTA EMBRUJADA de Eduardo Mendoza

cripta

Eduardo Mendoza (Barcelona, 1943), tras graduarse en Dereito (1966), exerceu como pasante, asesor xurídico e tradutor na sede das Nacións Unidas, en Nova York, entre 1973 e 1982. A súa obra literaria, está xeralmente ambientada na súa Barcelona natal. Gústanlle os personaxes marxinais que miran a sociedade con extrañeza mentras loitan por sobrevivir permanecendo fóra dela. Aínda que o seu principal xénero literario é a novela, Mendoza escribiu ao longo da súa traxectoria profesional ensaios ,e máis recentemente relatos. Recibiu en 2010 o Premio Planeta pola súa novela Riña de gatos. Madrid 1936[ ]e en 2016 o Premio Cervantes.

Eduardo Mendoza tivo un gran éxito coa súa primera obra, La verdad sobre el caso Savolta (1975), coa que logrou o Premio de la Crítica. Entón enfrontábase á difícil tarefa de escribir unha segunda obra. Marchou a Nova York, abandonando aquela España “triste, amarga y violenta”, e en palabras do autor, “escribí divirtiéndome como nunca lo había hecho”.

En El misterio de la cripta embrujada, o comisario Flores é un inspector da Brigada de Investigación Criminal. Diante do caso da desaparición dunha nena dun colexio internado das madres lazaristas, o inspector decide buscar axuda nun antigo criminal depravado que está interno nun manicomio. Así chegan a un trato entre o interno e o comisario: se axuda a resolver o caso, gañará a liberdade.

PREGUNTA: HABÍA REALMENTE UNHA MOSCA XIGANTE NA CRIPTA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

UN DENTE SEN CADAVER de Miguel Anxo Fernández

dente

Miguel Anxo Fernández (Carballiño, 1955), é licenciado en Xeografía e Historia, na rama de Historia da Arte, Xeografía e Historia de Galicia; Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte e da Música, Comunicación e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra .

            Ademais de dedicarse á docencia é autor de numerosas obras de historia do cine galego e de obras de ficción, así como ensaios e colaboracións en numerosas publicacións, exercendo de crítico de cine e televisión en La Voz de Galicia. Colaborador do espazo Diario cultural da Radio Galega.

            Na sexta entrega da serie,  nunha imprevista viaxe a Galicia para recoller unha herdanza, o detective Frank Soutelo, coa axuda da investigadora Dalia Maxino, enfróntase inesperadamente a un enigma: a aparición dun dente humano sen dono e de orixe descoñecida. Ambos os  dous asuntos  -familiares e forenses- han acabar confluíndo nun complexo caso. Novamente, coa axuda do sarxento da municipal Franeiras, o sempre indignado ex-garda civil Poncio e a forzada colaboración do estricado funerario Sugar Jones, Soutelo descubrirá tamén un doloroso pasado vinculado ao seu pai. 

PREGUNTA: POR QUE DALIA SOSPEITA QUE LLE PASOU ALGO A FRANK?

                        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA

TONECHO DE REBORDECHAO de Breogán Riveiro

tonecho

Breogán Riveiro (Montevideo1967), estuda Náutica, carreira que abandona para dedicarse ao audiovisual desde o 1988. Na actualidade é realizador e guionista, dedicándose en especial aos documentais. Como escritor acadou diversos premios polas súa obra.

            En 2004 foi gañador do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación Provincial da Coruña con Tonecho de Rebordechao. As aventuras dun neno: Tonecho, o único pequeno da súa aldea. Rebordechao é unha aldea que queda alá por…chegando a… O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de todos, porque en Rebordechao… non quedan máis nenos ca el.

PREGUNTA: POR QUE TONECHO ACABOU NO HOSPITAL?

                        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA

EL ÚLTIMO MUERTO de Fernando Lalana

el-ultimo

Fernando Lalana (1958 , Zaragoza) é licenciado en Dereito. É autor de máis dun cento de libros polos que recibiu importantes Premios coma o Nacional de Literatura e o Cervantes Chico pola súa traxectoria literaria. Pero tamén é un gran apaixoado do teatro: traballou como actor, director e técnico teatral. Unha das súas novelas máis coñecidas, Morirás en Chafarinas foi levada ao cine en 1996, por Pedro Olea.

 Pasaron os anos e Fermín Escartín, o peculiar e desastroso detective privado, enfróntase ao que posiblemente sexa o último caso da súa carreira: unha dobre investigación que se inicia cun crime arrepiante, continúa cun misterio inexplicable, devólvenos a algunhas personaxes de casos anteriores e podería desembocar na súa propia morte. Unha viaxe divertida e aterradora que nos vai trasladar desde o máis profundo de Los Monegros á Suiza das contas millonarias.

PREGUNTA: CANTOS DISPAROS FIXO ELISA PARA SALVAR A FERMÍN?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

EL CAPITÁN MIGUEL y el misterio de la daga milanesa de Martín Casariego Córdoba

el-capitan

Martín Casariego Córdoba (Madrid, 1962) é licenciado en Historia da Arte. Autor de máis dunha ducia de novelas coas que obtivo varios Premios literarios, tamén publicou guións, contos infantís, ensaio, relatos e artigos de prensa. Nesta última faceta colaborou en medios como PúblicoEl MundoABC Cultural e Diario 16, e a revista literaria Letras Libres. Coma guionista colaborou con directores como Eduardo Mencos, Antonio A. Farré, Miguel SantesmasesSaura Medrano e Antonio del Real.

Nunha recóndita rexión de interior, un lobo asasina aos mozos que cumpren catorce anos. Até agora só atacara campesiños, pero cando acaba coa vida do fillo dun poderoso conde, todos os soldados se lanzan á procura dun culpable. O capitán Miguel, que sobreviviu ao lobo fai anos, é o único capaz de detelo, pero o monstro podería estar moito máis preto do que cre e a única pista coa que conta é unha estraña daga milanesa.

PREGUNTA: POR QUE O MARQUÉS DE HAMBRÁN CRE QUE ROSALBA ESTÁ DESTINADA A SER A SÚA ESPOSA ?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

AS FLORES RADIOACTIVAS de Agustín Fernández Paz

flores

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947- Vigo, 2016) é escritor e pedagogo. Foi profesor de lingua galega no ensino primario e secundario. É autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica das linguas, a promoción da lectura ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas. É un persoeiro clave na literatura infantil e xuvenil, xénero no que escribiu máis de 50 obras e co que recibiu numerosos premios como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2008.

Na fosa atlántica, preto de Fisterra, onde os países europeos botaron verteduras radioactivas, aparece unha enorme mancha brillante na superficie da auga.O Alto Mando da OTAN acouta a zona despois de inspeccionala e de descubrir que o resplandor está formado por unhas estrañas flores. Diante da falla de novas oficiais, os membros de ADEGA, unha asociación ecoloxista, deciden investigar. Diríxense nun barco pesqueiro cara á mancha cando descobren que levan a bordo un polisón. É Alba, e xogará un papel importante nesta aventura.

PREGUNTA: QUE EFECTO TEN O ARRECENDO DAS FLORES SOBRE A XENTE?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

FANTASMAS DE LUZ de Agustín Fernández Paz

IJ00340601_sobrecub_fantasmas.indd

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947– Vigo, 2016) é escritor e pedagogo. Foi profesor de lingua galega no ensino primario e secundario. É autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica das linguas, a promoción da lectura ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas. É un persoeiro clave na literatura infantil e xuvenil, xénero no que escribiu máis de 50 obras e co que recibiu numerosos premios como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2008.

En fantasmas de luz, o autor faille unha homenaxe ao mundo do cine que se converte nunha especie de vida paralela para o protagonista. Damian, que traballa nun cine desde hai 35 anos, ten unha vida rutineira ata que o seu despedimento inesperado provoca un enorme cambio na súa existencia que tamén lle vai afectar á súa dona, Marga. Dun xeito progresivo, os seus corpos vólvense invisibles para o resto do mundo.

PREGUNTA: PORQUE PECHOU A FLORERÍA DE MARGA ?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

 

TES ATE AS 10 de Francisco Castro

tes

Francisco Castro (Vigo, 1966). Escritor, profesor e blogueiro, pertence ao equipo editorial de Galaxia en calidade de Coordinador de Novos Proxectos. Colabora con diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso de Internet como motor para animación á lectura e o debate cultural. É editor e escritor en lingua galega con máis de 16 obras publicadas para todas as idades. Como director de Obradoiros de Escritura publicou Cómo encontrar tu estilo literario e La mirada del escritor.

Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arrinca esta trepidante historia de intriga e suspense. A través de correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendentes, o seu pai, morto, ou quen está a facerse pasar por el, vai obrigando a que o protagonista investigue un terrible asunto do pasado que quedou sen resolver.

PREGUNTA: Cantos estoxos había sobre a mesa e que poñían as súas etiquetas?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

XOELIKI, O GRANDE APAGAMENTO de Abraham Carreiro

xoeliki

Abraham Carreiro Fernández (Vigo, 1981) cursou catro anos de estudos en Artes Gráficas e un ano de especialización en ilustración de libros.

Actualmente traballa como debuxante, ilustrador e deseñador gráfico.
Ten publicadas numerosas obras entres as que destacan: Xoeliki as aventuras dun ciberpirata, premiada na novena edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento, na categoría xuvenil; Os pequenos Barbanzóns ( Ed. Toxosoutos); a historia de cómic Juppy que Vicio premiada no salón de Historias em Quadrinhos de Sao Paulo e o conto infantil As espiñas do porco espiño , premiado polos nenos e nenas na oitava edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento na categoría infantil.

Xoeliki é un neno de once anos introvertido e tímido. Xoga aos videoxogos on-line e bota horas chateando na Internet. Pasa moito tempo só porque a nai traballa todo o día e o pai morreu hai uns anos. A vida de Xoeliki xira arredor da casa e do colexio, ata que un día ocorre un feito misterioso que lla cambiará por completo: recibe un paquete sorpresa. Isto levarao a vivir novas aventuras, coñecer amigas e amigos como Ari, o sabio Barbabranca, o enigmático Maverick, Centulo –profesor de Programación e Desenvolvemento- e algún inimigo como Mr. Virus.

PREGUNTA: Como se chama a doutora que axuda a Fran?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !