RAPAZAS de Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 – Vigo, 2016) é unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Profesor e escritor, deuse a coñecer en 1989 co libro de contos “A cidade dos desexos”, o primeiro na colección Merlín de literatura infantil, da que foi fundador e codirector. A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas ibéricas e algunhas delas en coreano, árabe, francés, chinés, búlgaro, bretón, italiano e inglés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003); o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), a Letra E da AELG (2009); e en 2011 recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. 

Que estraña misión trae un extraterrestre deica o noso planeta? Que sucede cando se mantén unha estarrecedora relación cun fantasma? Que segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro de Agustín Fernández Paz. Rapazas, un dos clásicos da nosa literatura para adolescentes, recolle seis historias moi diversas, pero cun fío común: todas elas teñen unha rapaza como protagonista.

PREGUNTA:ONDE ESTÁ O PISO NO QUE VIVE ANA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !