GUÁNTANAMO KID de Jérôme Tubiana e Alexandre Franc

Mohammed El-Gorani ten apenas 14 anos cando deixa o seu país natal,
Arabia Saudita, coa intención de estudar inglés en Paquistán, para o que se ve
forzado a falsificar o seu pasaporte. Pouco despois dos atentados do 11- S, é
arrestado e transferido á base militar americana de Guantánamo Bay, en Cuba.
Será un dos prisioneiros máis novos nesta nova penitenciaría á marxe de todo
marco legal, e unha das poucas persoas negras alí retidas. Pasarán oito longos anos
antes de que a súa inocencia sexa finalmente recoñecida.
O xornalista Jérôme Tubiana nárranos en Guantánamo Kid a arrepiante
historia do seu amigo Mohammed, unha persoa inocente que entrou como menor de
idade no cárcere máis tristemente coñecido do mundo e saíu como un adulto
marcado para sempre. Un relato fundamental para comprender e coñecer o
acontecido nun centro de detención que, aínda a día de hoxe, permanece aberto.
PREGUNTA: CANTAS VECES CASOU MOHAMMED EL-GORANI?
VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !