MARXINADOS de Pepe Carballude

Pepe Carballude é catedrático de Latín no Instituto de Ensino Secundario ” Xosé Neira Vilas ” de Perillo-Oleiros, A Coruña. Compaxina o exercicio da investigación e tradución coa creación no ámbito da literatura infantil e xuvenil. Convén citar: O xílgaro pintor (1987); Investigación 091 (2007); O talismán dos druídas (1989); Andainas de Pedro Chosco (1989); Os enredos de Olalla (1990); O deus desaparecido (1991), premio Barco de Vapor, escrita en colaboración con Andrés García Vilariño; A fraga misteriosa (1992); S.O.S. (1994); Romaxe de desventuras; ¡Maldito D.N.I.! (1998); Mimos e máis mimos (1999); Andrea quere ser maior (1999); Paisaxe con fondo gris (2001).

Marxinados (2014) é unha historia de persoas que viven, dalgunha maneira, fóra do mundo. Pero que tamén queren cambialo. Fálanos dunha estrela do baloncesto que un día decide rematar a súa carreira e ir traballar como educador ao internado onde tamén el foi criado. Está alí para botar unha man a nenos e nenas que, coma el, foron excluídos por unha realidade que os puxo fóra: pais e nais atrapados na miseria, nas drogas, nos problemas duros do lado máis feo do mundo. Pero tamén está alí chamado por unha historia de amor. Unha novela para pensar nas persoas que non poden facer nada por cambiar as cousas. Pero tamén unha novela para pensar nas persoas que as cambian, para mellor, todos os días.

PREGUNTA:EN QUE POSTO QUEDA ROMÁN NA FASE INTERNACIONAL DA OLIMPIADA DE FÍSICA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !