CORAZÓN DE CHOCOLATE de Jaureguizar

Jaureguizar naceu en Bilbao en 1965. Veu para Galiza coa súa familia sendo un neno e considérase medio vasco medio galego. En 1993 comezou a traballar de xornalista no diario lugués El Progreso, profesión que segue exercendo. Como narrador ten publicados os seguintes libros: “Fridon spik” (1995), “Comendo espaguetis diante da televisión” (1998), “As horas sucias” (2001), “Breve crónica universal da clase obreira” (2001), Premio Lueiro Rey 2001, “Casa Skylab” (Premio Xerais 2003), “Cabaret Voltaire” (Premio Manuel García Barros 2005), “O Globo de Shakespeare” (Premio Terra de Melide, 2008) e “Placebo” (2016). É autor, ademais, de numerosas novelas xuvenís entre as que destaca a serie de novelas protagonizada polo mozo detective Tintimán: “Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela” (2010), “A coroa de napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña”, “Amor de Serea. Un misterio para Tintimán en Vigo” (2012), etc

Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista. En Corazón de chocolate, a cidade de Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir. O reporteiro investigará se realmente existe a Irmandade Xelmírez, unha seita perversa, ou se só é unha lenda. Señor Grozni, un gato cun parche nun ollo, e Mónica, unha amiga que asegura ser a súa moza, achegaranlle a axuda precisa para que Tintimán descubra a verdade.

PREGUNTA: QUEN CAZABA OS GATOS?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !