LA PROFECÍA DEL ABAD NEGRO de José María Latorre

José María Latorre (1945-2014), ademais do seu labor á fronte das revistas Dirigido por e Imágenes de Actualidad, tamén exerceu como crítico de cinema noutras publicacións como Film Ideal, Nosferatu, ABCD, Diario 16 ou La Vanguardia. Conta no seu haber con máis dunha trintena de libros. Na súa bibliografía hai narrativa xuvenil, novela e relatos de terror e tamén ensaio cinematográfico. Dese xeito, combinou as súas dúas afeccións. O seu último libro é “La maldición de la banshee” (2013). Tamén exerceu puntualmente de guionista en títulos como “Denver” de Carlos Balagué (1985) e “Barcelona, lament” de Luis Aller (1990).

Ada Boyle acepta un traballo como profesora de literatura nun colexio próximo a unha antiga abadía. Desta cóntanse escuras lendas, como que aínda habita nas súas abandonadas torres un Abade que se dedicaba a practicar ritos demoníacos para transformarse en vampiro. Ada e dous dos seus alumnos intentarán facerlle fronte, pois as súas vidas corren perigo. Historia con todos os elementos propios da novela gótica: lenda, profecía, presenza de forzas malignas, ritos satánicos, paisaxes brumosos, cemiterios abandonados…

PREGUNTA:QUE MODELO DE COCHE TEÑEN CAMILLE E GEOFFREY NO GARAXE?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !