EL CORSARIO NEGRO de Emilio Salgari

Mito e realidade aparecen entrelazados na biografía de Emilio Salgari (Verona, 1862 – Turín, 1911): a súa vida estivo dedicada á literatura, fracasou vitalmente cando non puido conseguir o título de capitán de gran cabotaxe e só realizou unha breve viaxe como turista. Comezou a publicar aos vinte e un anos e, desde entón ata a súa morte, desenvolveu un labor frenético por manter a súa muller e aos seus catro fillos. Con todo, viviu unha situación precaria e o esgotamento psíquico levouno ao suicidio. Entre a súa inxente obra literaria, podemos destacar, La cimitarra de Buda (1892), Los piratas de Malasia (1896), El Corsario Negro (1898) ou Los tigres de Mompracem (1900).

A vinganza, o amor a unha duquesa flamenca e a fidelidade ao xuramento dado son os tres elementos que condicionan o comportamento do protagonista, o cabaleiro Emilio di Roccanera, o Corsario Negro. A acción, as aventuras e os sentimentos dos personaxes desta magnífica novela de piratas «apresarán» entre as súas páxinas aos lectores.

PREGUNTA: EN QUE PAÍS ESTÁ A SELVA QUE ATRAVESAN O CORSARIO NEGRO E OS SEUS HOMES?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !