ZIGZAG de Jordi Sierra y Fabra

Jordi Sierra i Fabra naceu en Barcelona, en 1947. Empezou a escribir aos oito anos e aos doce decidiu que a súa vocación era ser novelista. Con todo, seducido pola música rock, iniciou a súa andaina profesional como director dalgunhas das revistas musicais máis influentes en España (Disco Express, Popular I, etc…). Publicou máis de sesenta libros de historia e biografías de artistas do rock, e simultaneamente cultivou todos os xéneros literarios: relatos infantís, novela xuvenil e de adultos, ciencia ficción, humor, poesía, guións de película…. As súas obras non só obtiveron os máis prestixiosos galardóns, senón que tamén foron levadas á pantalla. É un viaxeiro incansable e traballa sen descanso. Actualmente dirixe a Fundación Jordi Sierra i Fabra (en Barcelona) e Taller de Letras (en Medellín, Colombia), para potenciar a vocación literaria entre os novos escritores.

Acción, intriga, personaxes decadentes propios do xénero negro… Onde está o límite entre o ben e o mal? Virgilio ten dezaoito anos e vaille ben na vida. Aproveita as mortes de cabaleiros adiñeirados para presentarse nas súas casas e, servíndose do desconcerto e a axitación, anunciar ás súas familias que é fillo do defunto. Sempre sae cun bo capital no peto. Ata o día que chega a casa de Héctor Adoitar, e as cousas cambian…

PREGUNTA: EN QUE CONTA ESTÁN OS 127 MILLÓNS DE EUROS?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!