TUERTO, MALDITO Y ENAMORADO de Rosa Huertas

Rosa Huertas é doutora en Ciencias da Información e licenciada en Filoloxía hispánica. Actualmente, é profesora de “Lengua y Literatura” no IES Gran Capitán de Madrid. Imparte obradoiros sobre creatividade e animación á lectura en diversas institucións. Publicou varios libros de recompilacións de contos, así como de cuestións didácticas e de fomento da creatividade. Coa súa primeira novela, Mala Luna, publicada en 2009, obtivo o Premio Hache de Literatura Xuvenil 2011. Coa segunda, Tuerto, maldito y enamorado, conseguiu o X Premio Alandar de Literatura Xuvenil en 2010. Gústalle escribir historias que falan do pasado e do presente, que mesturan a realidade e a ficción, e nas que os sentimentos traspasan as páxinas para emocionar os lectores.

Pode ser o amor unha maldición? A vida da mexericas Elisa cambia repentinamente o día que decide axudar a súa irmá a preparar un traballo de Literatura. Nos andeis da biblioteca do instituto habita un espectro chosco sobre o que pesa unha terrible maldición. Só ela pode liberalo, pero quizais sexa imposible: haberá que resolver algúns misterios e revelar unha historia de amor escondida na vida de Lope de Vega. As rúas de Madrid serán o escenario fantasmagórico da súa aventura, terrorífica e emocionante, máis alá da realidade.

PREGUNTA: CANTO TIVO QUE PAGAR ELISA POLAS DÚAS CANDEAS QUE LLE VENDEU A VIDENTE MORGANA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !