CIELO ABAJO de Fernando Marías

Fernando Marías (Bilbao, 1958) é escritor e guionista de cine e televisión. En 1975, trasladouse a Madrid para estudar Cinematografía. A súa primeira novela, La luz prodigiosa (1990) gañou o Premio Ciudad de Barbastro. En 2001, coa novela El niño de los coroneles, gañou o premio Nadal, o que potenciou considerablemente a súa carreira. Marías obtivo algúns dos Premios literarios españois máis importantes, destacando o Premio Nadal de 2001, o Ateneo de Sevilla de 2005, o Dulce Chacón de Narrativa de 2005 e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de 2006 con Cielo abajo.

O 7 de novembro de 1936, tivo lugar o primeiro asalto das tropas franquistas contra o Madrid republicano. Esta novela relata esta batalla na que se produce a loita entre dous aviadores que foron amigos e que pertencen a bandos opostos. Fernando Marías cóntaa desde os dous lados, a través dos ollos dun home que traizoa a ambos os dous bandos. O autor emprega o suspense para atrapar o lector con amores que perduran de por vida, amigos que se traizoan e batallas da aviación de guerra. Combina os dous tempos nos que se narra a historia: o presente Madrid moderno e deshumanizado, e a cidade asustada do 36 na que a solidariedade e a valentía do pobo se mesturan co seu profundo medo ante os bombardeos aéreos.

PREGUNTA: EN QUE MES E ANO MORRE JAVIER ÁLVAREZ?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !