KAFKA Y LA MUÑECA VIAJERA de Jordi Sierra i Fabra

Jordi Sierra i Fabra naceu en Barcelona en 1947. Leva máis de 30 anos escribindo e a súa obra, que supera os 300 libros, abrangue todo tipo de xéneros desde a poesía ata a narrativa, o ensaio, a historia e a biografía. Pola súa creación literaria recibiu numerosos premios, pero Kafka y la muñeca viajera é segundo algúns críticos a obra mestra de Sierra i Fabra, e con ela gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de 2007.

Neste relato, o autor a partir dun feito real crea unha historia tenra e doce onde a esperanza é posible.

O Escritor checo Franz Kafka (1883-1924) cando paseaba por un parque de Berlín, atopou unha nena que choraba desconsolada porque perderá a súa boneca. Diante de tanta tristura, Kafka decide inventar unha historia na que a boneca non está perdida senón que marchou de viaxe. Deste xeito, Franz vai se converter en “Carteiro de Bonecas” para devolverlle a ilusión a unha nena descoñecida

PREGUNTA: POR QUE MOTIVO A BONECA QUEDA EN TANZANIA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!!!