AS SETE MORTES de Carlos Vila Sexto

AS SETE MORTES de CARLOS VILA SEXTO

Carlos Vila Sexto ( A Coruña, 1977) comezou a escribir de rapaz e con catorce anos gañou o V Premio de Narracións Infantís Rúa Nova co relato de aventuras Alén da aventura (1992). Repetiu premio ao ano seguinte coa novela de terror Gárgola (1993). En 1995 publicou Cara á fin da luz, unha novela de misterio, aventuras e terror ambientada nunha aldea. Un relato seu, O baúl, foi incluído na Antoloxía do conto de medo galego. En marzo de 2009 publica As sete mortes, unha aventura con tintes de misterio e terror.

Carlos Vila Sexto tamén destaca como guionista coas series de televisión Los Misterios de Laura (TVE), Motivos Personales (Telecinco) e Un lugar en el mundo (Antena 3). A súa serie Los Misterios de Laura foi a primeira na historia da televisión en España en ser adaptada en Estados Unidos (The Mysteries of Laura), producida por Warner para a cadea NBC, e protagonizada pola actriz Debra Messing

Xacobe é un home especial que traballa para un traficante de droga e ten que meterse pastillas todos os días. As feridas rexenéranse, sobrevive a todos os ataques e xa perdeu a conta dos anos que ten. Todo vai cambiar cando un vello chega á súa casa e morre no momento no que lle entrega unha mensaxe. Aquí comeza unha aventura especial para descifrar quen é, por que é inmortal, quen era o vello…

PREGUNTA: QUEN TRAIZOOU A XACOBE E NATALIA ? 

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !