UN DENTE SEN CADAVER de Miguel Anxo Fernández

dente

Miguel Anxo Fernández (Carballiño, 1955), é licenciado en Xeografía e Historia, na rama de Historia da Arte, Xeografía e Historia de Galicia; Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte e da Música, Comunicación e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra .

            Ademais de dedicarse á docencia é autor de numerosas obras de historia do cine galego e de obras de ficción, así como ensaios e colaboracións en numerosas publicacións, exercendo de crítico de cine e televisión en La Voz de Galicia. Colaborador do espazo Diario cultural da Radio Galega.

            Na sexta entrega da serie,  nunha imprevista viaxe a Galicia para recoller unha herdanza, o detective Frank Soutelo, coa axuda da investigadora Dalia Maxino, enfróntase inesperadamente a un enigma: a aparición dun dente humano sen dono e de orixe descoñecida. Ambos os  dous asuntos  -familiares e forenses- han acabar confluíndo nun complexo caso. Novamente, coa axuda do sarxento da municipal Franeiras, o sempre indignado ex-garda civil Poncio e a forzada colaboración do estricado funerario Sugar Jones, Soutelo descubrirá tamén un doloroso pasado vinculado ao seu pai. 

PREGUNTA: POR QUE DALIA SOSPEITA QUE LLE PASOU ALGO A FRANK?

                        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA