SIETE DÍAS DE JULIO de Jordi Sierra i Fabra

Jordi Sierra i Fabra naceu en Barcelona en 1947. Leva máis de 30 anos escribindo e a súa obra, que supera os 400 libros, abrangue todo tipo de xéneros desde a poesía até a narrativa, o ensaio, a historia e a biografía. Pola súa creación literaria recibiu numerosos premios tanto polas súas obras en castelán coma en catalán.

Miquel Mascarell, que fora inspector de policía durante a República, regresa a Barcelona despois de ser indultado da súa pena de cárcere. É o domingo 20 de xullo de 1947. Despois de oito anos e medio preso, instálase nunha habitación da humilde pensión Rosa. Acaba de chegar ao seu novo fogar cando un descoñecido lle trae un sobre que contén a foto dunha fermosa moza, unha morea de cartos e a pregunta: “quere volver sentirse policía?”. O protagonista comeza a súas pescudas que van abarcar sete días de xullo ata a resolución do crime da moza e que o van levar pola súa querida Barcelona que tanto cambiou pero que tamén segue sendo a mesma.

PREGUNTA: REALMENTE, POR QUE SACARON DO CÁRCERE O MIQUEL MASCARELL?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *