SIETE DÍAS DE JULIO de José Florencio Abad e Esperanza Mendieta

José Florencio Abad e Esperanza Mendieta son licenciados en Filosofía e Letras. Traballan desde hai anos facendo guións para cine, radio e televisión, e ao tempo dedícanse á escritura. No campo da literatura gañaron varios premios publicando xuntos e por separado.

Josemi convence aos seus pais para que o deixen pasar as vacacións de verán en Utebo nun campo de traballo. Nese pobo de Zaragoza desapareceu a súa tía Almudena hai vinte anos. Alí vai coincidir cunha compañeira do instituto, Sabrina e vai coñecer a Coleman, un rapaz que traballa na radio local. Os tres atoparán varias pistas sobre a desaparición de Almudena até resolver o misterio que trouxo a Josemi a Utebo.

PREGUNTA: DE QUEN SON OS RESTOS ÓSEOS QUE ATOPARON NA VELLA ERMITA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *