SENLLEIRAS de Antía Yáñez

Antía Yáñez (Burela, 1991) é enxeñeira de Camiños, aínda que nunca exerceu a profesión. Entre os premios outorgados á súa obra atópanse o Certame de Microrrelatos “Lonxa Literaria” 2013, de Moaña, o Premio de Relatos Curtos “Os Viadutos” 2014, de Redondela, e o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016). Actualmente compaxina a escrita coa xestión dunha academia en Cecebre (Cambre), onde imparte obradoiros de escritura para rapazas e rapaces.

Premio de narrativa Illa Nova 2018 A novela das mulleres que rachan co silencio.Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada.Tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.

PREGUNTA:CAL É O PIN DO TELÉFONO DE ALDA E POR QUE O ESCOLLEU?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

RAPAZAS de Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 – Vigo, 2016) é unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Profesor e escritor, deuse a coñecer en 1989 co libro de contos “A cidade dos desexos”, o primeiro na colección Merlín de literatura infantil, da que foi fundador e codirector. A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas ibéricas e algunhas delas en coreano, árabe, francés, chinés, búlgaro, bretón, italiano e inglés. Entre outros recoñecementos á súa traxectoria, recibiu o Premio Irmandade do Libro (2003); o Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008), a Letra E da AELG (2009); e en 2011 recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. 

Que estraña misión trae un extraterrestre deica o noso planeta? Que sucede cando se mantén unha estarrecedora relación cun fantasma? Que segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro de Agustín Fernández Paz. Rapazas, un dos clásicos da nosa literatura para adolescentes, recolle seis historias moi diversas, pero cun fío común: todas elas teñen unha rapaza como protagonista.

PREGUNTA:ONDE ESTÁ O PISO NO QUE VIVE ANA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !