GUÁNTANAMO KID de Jérôme Tubiana e Alexandre Franc

Mohammed El-Gorani ten apenas 14 anos cando deixa o seu país natal,
Arabia Saudita, coa intención de estudar inglés en Paquistán, para o que se ve
forzado a falsificar o seu pasaporte. Pouco despois dos atentados do 11- S, é
arrestado e transferido á base militar americana de Guantánamo Bay, en Cuba.
Será un dos prisioneiros máis novos nesta nova penitenciaría á marxe de todo
marco legal, e unha das poucas persoas negras alí retidas. Pasarán oito longos anos
antes de que a súa inocencia sexa finalmente recoñecida.
O xornalista Jérôme Tubiana nárranos en Guantánamo Kid a arrepiante
historia do seu amigo Mohammed, unha persoa inocente que entrou como menor de
idade no cárcere máis tristemente coñecido do mundo e saíu como un adulto
marcado para sempre. Un relato fundamental para comprender e coñecer o
acontecido nun centro de detención que, aínda a día de hoxe, permanece aberto.
PREGUNTA: CANTAS VECES CASOU MOHAMMED EL-GORANI?
VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

SOLOS de Gazzotti/Vehlman

Un novo día empeza como cada mañá en Fortville, pero… nada é
coma antes. Os que espertaron esta mañá deambulan por unha cidade
deserta até descubrir que só quedan cinco deles. Cinco nenos: Dodji, Leila,
Celia, Iván e Terry. Que puido pasar ? Onde están os seus pais e os seus
amigos ? Abandonados á súa sorte, desamparados e sen idea de que facer
nunha cidade onte familiar, hoxe hostil. Parece que a tormenta agarda nesta
mañá de verán e descubrirán pronto que a cidade lles reserva desagradables
sorpresas. Os nosos protagonistas uniranse para enfrontar os numerosos e
perigosos obstáculos que xurdirán na súa procura dunha explicación do
ocorrido. Xuntos! O primeiro volume de Solos ofrece tres episodios e
presenta o principio dunha serie que reunirá thriller, misterio e aventuras.
Traducida a media ducia de idiomas e vendida a máis dun millón de
exemplares só en Francia, esta serie conta con 8 episodios publicados en
Francia, o seu país de orixe. Premio do cómic 9-12 anos do Festival de
Angoulême en 2007 e 2010. Dúas veces Gran Premio do Journal de Mickey,
Premio Diagonale 2013 á Mellor serie.


PREGUNTA : QUE CASTIGO LLE PUXO SAÚL A DODGI POR TER UNHA ARMA ?
VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !