EL CORSARIO NEGRO de Emilio Salgari

Mito e realidade aparecen entrelazados na biografía de Emilio Salgari (Verona, 1862 – Turín, 1911): a súa vida estivo dedicada á literatura, fracasou vitalmente cando non puido conseguir o título de capitán de gran cabotaxe e só realizou unha breve viaxe como turista. Comezou a publicar aos vinte e un anos e, desde entón ata a súa morte, desenvolveu un labor frenético por manter a súa muller e aos seus catro fillos. Con todo, viviu unha situación precaria e o esgotamento psíquico levouno ao suicidio. Entre a súa inxente obra literaria, podemos destacar, La cimitarra de Buda (1892), Los piratas de Malasia (1896), El Corsario Negro (1898) ou Los tigres de Mompracem (1900).

A vinganza, o amor a unha duquesa flamenca e a fidelidade ao xuramento dado son os tres elementos que condicionan o comportamento do protagonista, o cabaleiro Emilio di Roccanera, o Corsario Negro. A acción, as aventuras e os sentimentos dos personaxes desta magnífica novela de piratas «apresarán» entre as súas páxinas aos lectores.

PREGUNTA: EN QUE PAÍS ESTÁ A SELVA QUE ATRAVESAN O CORSARIO NEGRO E OS SEUS HOMES?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

ZIGZAG de Jordi Sierra y Fabra

Jordi Sierra i Fabra naceu en Barcelona, en 1947. Empezou a escribir aos oito anos e aos doce decidiu que a súa vocación era ser novelista. Con todo, seducido pola música rock, iniciou a súa andaina profesional como director dalgunhas das revistas musicais máis influentes en España (Disco Express, Popular I, etc…). Publicou máis de sesenta libros de historia e biografías de artistas do rock, e simultaneamente cultivou todos os xéneros literarios: relatos infantís, novela xuvenil e de adultos, ciencia ficción, humor, poesía, guións de película…. As súas obras non só obtiveron os máis prestixiosos galardóns, senón que tamén foron levadas á pantalla. É un viaxeiro incansable e traballa sen descanso. Actualmente dirixe a Fundación Jordi Sierra i Fabra (en Barcelona) e Taller de Letras (en Medellín, Colombia), para potenciar a vocación literaria entre os novos escritores.

Acción, intriga, personaxes decadentes propios do xénero negro… Onde está o límite entre o ben e o mal? Virgilio ten dezaoito anos e vaille ben na vida. Aproveita as mortes de cabaleiros adiñeirados para presentarse nas súas casas e, servíndose do desconcerto e a axitación, anunciar ás súas familias que é fillo do defunto. Sempre sae cun bo capital no peto. Ata o día que chega a casa de Héctor Adoitar, e as cousas cambian…

PREGUNTA: EN QUE CONTA ESTÁN OS 127 MILLÓNS DE EUROS?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!

A CAIXIÑA DOS RANCORES de Héctor Cajaraville

H

Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e actualmente é profesor de Lingua e Literatura galegas. En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, De remate, e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con Quen dá a quenda? (2016). Nese mesmo ano, a súa obra A caixiña dos rancores (2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil; en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta con Once portas (2017) e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con Denébola a Roxa. Coa súa novela Kusuma (2018) obtén o Premio Merlín de Literatura Infantil 2018.

A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade fai que o mozo descubra un segredo que ten na súa cerna a Chiruca e que ela mesma descoñece.

PREGUNTA: CANTOS ANOS TEN AGORA A NAI DE CAROLINA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

O NENO INVERNO de María Canosa

María Canosa (Cee, 1978) é profesionalmente enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, sendo escritora de corazón. Articulista en La Voz de Galicia, foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e Radio Voz. Foi a «experta» en letras nos concursos dos programas de TVG Cifras e letras e Verbas van. Agora mantén esta actividade no programa Coma un allo. É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil. Recibiu distintos premios literarios, entre os que destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, pola súa obra Muriel. Segue compaxinando a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. Dalgunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais. Publicou O neno inverno en 2016.

Un neno especial. Un lobo doente. A comunicación entre dous corazóns magoados. Un libro fermosísimo.

PREGUNTA: QUE FACÍA ALEX DURANTE A EXCURSIÓN PARA QUE INVERNO PUIDERA DESCANSAR?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !