TUERTO, MALDITO Y ENAMORADO de Rosa Huertas

Rosa Huertas é doutora en Ciencias da Información e licenciada en Filoloxía hispánica. Actualmente, é profesora de “Lengua y Literatura” no IES Gran Capitán de Madrid. Imparte obradoiros sobre creatividade e animación á lectura en diversas institucións. Publicou varios libros de recompilacións de contos, así como de cuestións didácticas e de fomento da creatividade. Coa súa primeira novela, Mala Luna, publicada en 2009, obtivo o Premio Hache de Literatura Xuvenil 2011. Coa segunda, Tuerto, maldito y enamorado, conseguiu o X Premio Alandar de Literatura Xuvenil en 2010. Gústalle escribir historias que falan do pasado e do presente, que mesturan a realidade e a ficción, e nas que os sentimentos traspasan as páxinas para emocionar os lectores.

Pode ser o amor unha maldición? A vida da mexericas Elisa cambia repentinamente o día que decide axudar a súa irmá a preparar un traballo de Literatura. Nos andeis da biblioteca do instituto habita un espectro chosco sobre o que pesa unha terrible maldición. Só ela pode liberalo, pero quizais sexa imposible: haberá que resolver algúns misterios e revelar unha historia de amor escondida na vida de Lope de Vega. As rúas de Madrid serán o escenario fantasmagórico da súa aventura, terrorífica e emocionante, máis alá da realidade.

PREGUNTA: CANTO TIVO QUE PAGAR ELISA POLAS DÚAS CANDEAS QUE LLE VENDEU A VIDENTE MORGANA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

LOS FORASTEROS DEL TIEMPO de Roberto Santiago

Roberto Santiago (Madrid, 1968) estudou Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid, así como creación literaria na Escola de Letras. É director de cine e guionista, principalmente de películas e series. A súa outra vocación é a literatura infantil e xuvenil. As súas novelas obtiveron galardóns tan prestixiosos como o Premio Edebé, e en moitos casos foron levadas ao cine.

O autor e o ilustrador de Los Futbolísimos presentan unha nova serie: Los Forasteros del Tiempo. “Todo empezó, como casi siempre ocurre, un día normal y corriente. Habíamos ido al hiper de mi barrio a comprar unas bicis. Mi padre, mis dos hermanos y mi vecina Mari Carmen con su hija María. Seis Kawasakis 3 W2, preciosas, rojas, relucientes. Estábamos en mitad del parking, subidos en nuestras bicis, preparados para pedalear, cuando de repente ocurrió: un ruido en el cielo, un tremendo resplandor blanco, un rayo que cae y de pronto… estábamos en el Black Rock. En el corazón del salvaje oeste. La aventura acababa de comenzar”.

PREGUNTA: COMO SE CHAMA O SHERIFF QUE FOI SALVADO POLO DOUTOR MORGAN?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !