BALZAC Y LA JOVEN COSTURERA CHINA de Dai Sijie

Dai Sijie (Chengdú, Sichuan, China, 1954) é un cineasta e novelista chinés que vive en Francia. É coñecido sobre todo polas súas novelas Balzac y la joven costurera china escrita en francés no orixinal (premios Prix Edmée de La Rochefoucauld, Prix Relay du Roman d’Évasion e Prix des libraires du Québec do ano 2000) e por El complejo de Di que recibiu o Premio Femina en 2003.

Fillo de médicos, os seus pais foron encarcerados durante a Revolución Cultural de Mao Zedong e el foi enviado a reeducarse nun pequeno pobo da provincia de Sichuan. En 1974 ingresou na universidade para cursar Historia da Arte e cuatro anos despois nunha escola de cine, onde obtén unha beca para estudar no estranxeiro. Traballou nun instituto de provincias ata a morte do presidente Mao Zedong. Para proseguir os seus estudos, o goberno decidiu mandalo a Francia e instalouse alí en 1984. A súa primeira longametraxe, Chine ma douleur (1989) valeulle o Premio Jean Vigo.

En Balzac y la joven costurera china, dous adolescentes chineses son enviados a unha aldea perdida nas montañas, cerca da fronteira co Tíbet, para cumprir co proceso de «reeducación» imprantado por Mao Zedong a finais dos anos sesenta. Soportando unhas condicións de vida infrahumanas, cunhas perspectivas case nulas de regresar algún día á súa cidade natal, todo cambia coa aparición dunha maleta clandestina chea de obras emblemáticas da literatura occidental. Así, grazas á lectura de Balzac, Dumas, Stendhal ou Romain Roland, os dous mozos descubrirán un mundo repleto de poesía, sentimentos e paixóns descoñecidas, que se convertirá nun instrumento valiosísimo para conquistar á atractiva filla do xastre do pobo veciño.

PREGUNTA: QUE LIBRO LLE ENCONTRARON OS GARDAS VERMELLOS AO PASTOR, ESCONDIDO DEBAIXO DA ALMOFADA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

EL CORAZON Y LA ESPADA de Rocío Rueda

Rocío Rueda Sastre (Saldaña, Palencia, 1978) é fisioterapeuta, pero compaxina este traballo coa súa paixón pola literatura e a escritura. As súas obras nas que mestura aventura e historia teñen unha importante repercusión entre o público xuvenil: El escarabajo de Horus (2008), ambientada no Antigo Exipto, ou El brazalete mágico (2010), ambientada na Grecia Antiga.

En El corazón y la espada, Jimena, filla do cabaleiro Gonzalo de Montalvo, permanece no castelo da vila de Saldaña ao coidado da súa ama de cría Teresa, ata que o seu pai volva do campo de batalla. A moza soña cun futuro moi diferente ao que lle espera entre os muros do castelo. A elección da vila de Saldaña para celebrar os esponsais do rei de Castela cambiará os plans de Jimena. Xa que, debido a unha conspiración contra o monarca, verase obrigada a fuxir, non só para salvar a vida, senón para limpar o nome do seu pai. Conseguirá sobrevivir soa e lograr que se esclareza a verdade?

PREGUNTA: QUE ESCUSA LLE PON JIMENA A RAMIRO PARA QUE NON MARCHE DO SEU LADO?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !