BALA PERDIDA de Manuel Rivas

Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é escritor, poeta, ensaísta e periodista. Desenvolve a súa obra principalmente en galego aínda que a miudo, el mesmo fai as traducións ao castelán, lingua na que escribe artigos para o periódico El País. En 2009, foi elixido membro da Real Academia Galega.

Por outra banda, foi socio fundador de Greenpeace en España e participou na creación da plataforma cidadá Nunca Mais durante o desastre do Prestige.

Levou numerosos premios polas súas obras literarias e varias foron adaptadas ao cine como A lingua das volvoretas, O lapis do carpinteiro ou Todo é silencio.

Bala Perdida é o último pirata do Atlántico Norte. Para resolver unha misteriosa abordaxe na costa da Morte, contacta coa redactora do periódico da cidade de Atlán. Xuntos, van se embarcar nunha perigosa aventura que deparará algunhas sorpresas.

PREGUNTA: PARA QUE BALA PERDIDA NECESITA A GANSO SALVAXE?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!

AS SETE MORTES de Carlos Vila Sexto

AS SETE MORTES de CARLOS VILA SEXTO

Carlos Vila Sexto ( A Coruña, 1977) comezou a escribir de rapaz e con catorce anos gañou o V Premio de Narracións Infantís Rúa Nova co relato de aventuras Alén da aventura (1992). Repetiu premio ao ano seguinte coa novela de terror Gárgola (1993). En 1995 publicou Cara á fin da luz, unha novela de misterio, aventuras e terror ambientada nunha aldea. Un relato seu, O baúl, foi incluído na Antoloxía do conto de medo galego. En marzo de 2009 publica As sete mortes, unha aventura con tintes de misterio e terror.

Carlos Vila Sexto tamén destaca como guionista coas series de televisión Los Misterios de Laura (TVE), Motivos Personales (Telecinco) e Un lugar en el mundo (Antena 3). A súa serie Los Misterios de Laura foi a primeira na historia da televisión en España en ser adaptada en Estados Unidos (The Mysteries of Laura), producida por Warner para a cadea NBC, e protagonizada pola actriz Debra Messing

Xacobe é un home especial que traballa para un traficante de droga e ten que meterse pastillas todos os días. As feridas rexenéranse, sobrevive a todos os ataques e xa perdeu a conta dos anos que ten. Todo vai cambiar cando un vello chega á súa casa e morre no momento no que lle entrega unha mensaxe. Aquí comeza unha aventura especial para descifrar quen é, por que é inmortal, quen era o vello…

PREGUNTA: QUEN TRAIZOOU A XACOBE E NATALIA ? 

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !