O MISTERIO DE PORTOMARIN de Antía Yáñez Rodríguez

O misterio de Portamarín é o primeiro libro de Antía Yáñez Rodríguez, que publicou con só 25 anos. Escribiu esta súa primeira novela pensando nas cousas que lle faltaron por ler cando era cativa.

Aqueles irmáns pensaban que o verán ía ser igual de monótono e gris que sempre. Mais por unha serie de casualidades van ter que investigar un misterio que todos coidaban esquecido… como a vila que descansa debaixo das augas do encoro. Durante séculos aquela vila anegada tivo os seus (terribles) segredos ben gardados. Mais agora van saír á luz.

PREGUNTA: A QUE HORA PUXERON O ESPERTADOR PARA IR DE NOITE Á CASA DO CURA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

O SOL DO VERÁN de Carlos Casares

Carlos Casares Mouriño (19412002), foi escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial. Cultivou sobre todo a narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres. En 1975 aparece Xoguetes pra un tempo prohibido. Viñeron logo o libro de relatos Os escuros soños de Clío e as novelas Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán. É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. No ano 2017 dedícaselle o Día das Letras Galegas.

O suicidio de Carlos desata as lembranzas de Helena, que evoca os veráns compartidos da nenez, á vez que indaga nos motivos desa acción brutal e sorprendente. Unha historia de amor e morte; tamén, canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida; a enorme riqueza de O sol do verán reside no poder evocador das lembranzas e na capacidade do autor para compartilas.

PREGUNTA: EN QUE SITIO O CRIADO ANSELMO DICÍA QUE UN DÍA DE CHUVIA, DESPOIS DUN TRONO TERRIBLE, CAERA DO CEO UN HOME ESPIDO, CANDO EL ERA NENO?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !