LA NOCHE MAS OSCURA de Ana Alcolea

Ana Alcolea Serrano, (Zaragoza,1962) é licenciada en Filoloxía Hispánica e diplomada en Filoloxía Inglesa. Desde 1986, é profesora de Lengua y Literatura nun instituto. Pasa longas tempadas en Noruega. Gústalle viaxar e sempre o fai cun caderno no que toma notas que despois recrea nas súas novelas. Encántalle coñecer outras culturas e outras linguas. Pronuncia frecuentes charlas en colexios e institutos, e publica artigos didácticos sobre teatro e sobre lingua e literatura. En 2009 aparece a súa primeira novela para adultos, Bajo el león de San Marcos. Publicou varias novelas xuvenís e dous libros infantís.  La noche más oscura  obtivo o VIII Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil, o White Ravens 2012 e o Premio CCEI 2012. En 2016, Ana Alcolea foi galardoada co Premio Cervantes Chico.

A Valeria este ano esperana unhas vacacións moi especiais, oa menos iso é o que di súa nai, unha auténtica especialista en buscar lugares orixinais para desconectar da rotina. Un lugar solitario e peculiar no norte de Noruega será o elixido, e alí o presente mesturarase co pasado nos soños de Valeria.
Unha historia ocorrida durante a ocupación nazi no país, un faro no medio do mar e os ollos de Valeria, como nexo. 

PREGUNTA: QUE LLE LEVOU MERCEDES A LARS PARA O SEU ANIVERSARIO?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

CANTAN LOS GALLOS de Marisol Ortíz de Zárate

Marisol Ortiz de Zárate Mangas (Vitoria 1960) é coñecida polos seus contos e novelas de xénero histórico. Obtivo diversos Premios por varios dos seus relatos, como o Víctor Chamorro ou o María Giralt. Publicou Los enigmas de Leonardo, La cruz bajo la lengua, La canción de Shao Li, Cantan los gallos e Una historia perdida, coa que gañou o Premio Felipe Trigo.

Catro personaxes percorren a pé os camiños da España gloriosa e en plena expansión de 1539 que, porén, os rexeita porque os catro foxen de algo: unha muller que escapa do seu pasado; unha nena que deixa atrás a infancia; un negro marcado pola súa condición de albino; un mozo estrafalario en busca do amor… As súas historias ocultas descubriranse ao fío das aventuras —alegres unhas, dolorosas outras, trepidantes todas— que marcan a fuxida. Pero igual ca nun labirinto de espellos, o que se ve non sempre é real e as situacións resólvense de maneira distinta a como se espera.

PREGUNTA: CALES SON OS OUTROS NOMES DE “LA NENA”

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

TODO ISTO CHE DAREI de Dolores Redondo

Dolores Redondo (Donostia-San Sebastián, 1969) escribe desde os catorce anos. É a autora da Triloxía do Baztán: O gardián invisible, Legado nos ósos e Ofrenda á tormenta coa que vendeu máis de 700.000 copias e que foi traducida a máis de 15 idiomas. O produtor alemán Peter Nadermann, responsable das películas da Saga Millennium de Stieg Larsson, adquiriu os dereitos para a súa adaptación ao cine. Con Todo isto che darei obtivo o Premio Planeta 2016, presentado a concurso baixo o seudónimo de Jim Hawkins e co título falso de Sol de Tebas.

Álvaro sofre un accidente na Ribeira Sacra que rematará coa súa vida. Cando Manuel, o seu home, chega a Galicia, descobre que a investigación sobre o caso se pechou con demasiada rapidez. O rexeitamento da súa poderosa familia política, os Muñiz de Dávila, lévao a fuxir, mais reteno a alegación contra a impunidade que Nogueira, un garda civil xubilado, dirixe á familia de Álvaro e a sospeita de que esa non é a primeira morte da súa contorna que se enmascarou como accidental. Lucas, un crego amigo da infancia de Álvaro, únese a Manuel e a Nogueira na reconstrución da vida secreta de quen crían coñecer ben. Empezará así a procura da verdade, nun lugar de fortes crenzas e arraigados costumes no que a lóxica nunca termina de atar todos os cabos.

PREGUNTA: QUÉ ENFERMIDADE TIVO SANTIAGO ÓS 16 ANOS?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!!!

TODO O TEMPO DO MUNDO de David Pérez Iglesias

David Pérez Iglesias (Ames, 1962) é escritor, guionista e profesor de lingua e literatura no IES de Porto do Son. Como narrador publicou os libros O pergameo de Elir (1987); Estación Término (1993), premio de relato Cidade de Lugo; e Cando veña a noite (2005), premio Antón Avilés de Taramancos. Algúns dos seus relatos forman parte de obras colectivas como «Samago, Fascismo» de Tecendo Panos (2000), premio Manuel Murguía de narracións breves; «Mares do Sur» de Paisaxes e palabras (2001) e «Vidros» de A garza insomne (2016). Coordina o proxecto “Son cine” de introdución do audiovisual na escola, traballo de innovación educativa polo que foi premiado pola Consellaría de Educación e a ASPG. Con Todo o tempo do mundo obtivo o Premio Merlín de Literatura Infantil 2016.

Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da Albariza o nome de cada unha das árbores e a identificar o son do río e da fervenza, do merlo e do paspallás.

PREGUNTA: CANTOS ANOS TIÑA O PAI DE ARIADNA CANDO ESCRIBEU O SEU NOME NAS PEDRAS DO VALO DO ADRO QUE ARRODEA A IGREXA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!!!