UN DENTE SEN CADAVER de Miguel Anxo Fernández

dente

Miguel Anxo Fernández (Carballiño, 1955), é licenciado en Xeografía e Historia, na rama de Historia da Arte, Xeografía e Historia de Galicia; Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte e da Música, Comunicación e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra .

            Ademais de dedicarse á docencia é autor de numerosas obras de historia do cine galego e de obras de ficción, así como ensaios e colaboracións en numerosas publicacións, exercendo de crítico de cine e televisión en La Voz de Galicia. Colaborador do espazo Diario cultural da Radio Galega.

            Na sexta entrega da serie,  nunha imprevista viaxe a Galicia para recoller unha herdanza, o detective Frank Soutelo, coa axuda da investigadora Dalia Maxino, enfróntase inesperadamente a un enigma: a aparición dun dente humano sen dono e de orixe descoñecida. Ambos os  dous asuntos  -familiares e forenses- han acabar confluíndo nun complexo caso. Novamente, coa axuda do sarxento da municipal Franeiras, o sempre indignado ex-garda civil Poncio e a forzada colaboración do estricado funerario Sugar Jones, Soutelo descubrirá tamén un doloroso pasado vinculado ao seu pai. 

PREGUNTA: POR QUE DALIA SOSPEITA QUE LLE PASOU ALGO A FRANK?

                        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA

TONECHO DE REBORDECHAO de Breogán Riveiro

tonecho

Breogán Riveiro (Montevideo1967), estuda Náutica, carreira que abandona para dedicarse ao audiovisual desde o 1988. Na actualidade é realizador e guionista, dedicándose en especial aos documentais. Como escritor acadou diversos premios polas súa obra.

            En 2004 foi gañador do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación Provincial da Coruña con Tonecho de Rebordechao. As aventuras dun neno: Tonecho, o único pequeno da súa aldea. Rebordechao é unha aldea que queda alá por…chegando a… O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de todos, porque en Rebordechao… non quedan máis nenos ca el.

PREGUNTA: POR QUE TONECHO ACABOU NO HOSPITAL?

                        VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA

EL ÚLTIMO MUERTO de Fernando Lalana

el-ultimo

Fernando Lalana (1958 , Zaragoza) é licenciado en Dereito. É autor de máis dun cento de libros polos que recibiu importantes Premios coma o Nacional de Literatura e o Cervantes Chico pola súa traxectoria literaria. Pero tamén é un gran apaixoado do teatro: traballou como actor, director e técnico teatral. Unha das súas novelas máis coñecidas, Morirás en Chafarinas foi levada ao cine en 1996, por Pedro Olea.

 Pasaron os anos e Fermín Escartín, o peculiar e desastroso detective privado, enfróntase ao que posiblemente sexa o último caso da súa carreira: unha dobre investigación que se inicia cun crime arrepiante, continúa cun misterio inexplicable, devólvenos a algunhas personaxes de casos anteriores e podería desembocar na súa propia morte. Unha viaxe divertida e aterradora que nos vai trasladar desde o máis profundo de Los Monegros á Suiza das contas millonarias.

PREGUNTA: CANTOS DISPAROS FIXO ELISA PARA SALVAR A FERMÍN?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

EL CAPITÁN MIGUEL y el misterio de la daga milanesa de Martín Casariego Córdoba

el-capitan

Martín Casariego Córdoba (Madrid, 1962) é licenciado en Historia da Arte. Autor de máis dunha ducia de novelas coas que obtivo varios Premios literarios, tamén publicou guións, contos infantís, ensaio, relatos e artigos de prensa. Nesta última faceta colaborou en medios como PúblicoEl MundoABC Cultural e Diario 16, e a revista literaria Letras Libres. Coma guionista colaborou con directores como Eduardo Mencos, Antonio A. Farré, Miguel SantesmasesSaura Medrano e Antonio del Real.

Nunha recóndita rexión de interior, un lobo asasina aos mozos que cumpren catorce anos. Até agora só atacara campesiños, pero cando acaba coa vida do fillo dun poderoso conde, todos os soldados se lanzan á procura dun culpable. O capitán Miguel, que sobreviviu ao lobo fai anos, é o único capaz de detelo, pero o monstro podería estar moito máis preto do que cre e a única pista coa que conta é unha estraña daga milanesa.

PREGUNTA: POR QUE O MARQUÉS DE HAMBRÁN CRE QUE ROSALBA ESTÁ DESTINADA A SER A SÚA ESPOSA ?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !