TES ATE AS 10 de Francisco Castro

tes

Francisco Castro (Vigo, 1966). Escritor, profesor e blogueiro, pertence ao equipo editorial de Galaxia en calidade de Coordinador de Novos Proxectos. Colabora con diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso de Internet como motor para animación á lectura e o debate cultural. É editor e escritor en lingua galega con máis de 16 obras publicadas para todas as idades. Como director de Obradoiros de Escritura publicou Cómo encontrar tu estilo literario e La mirada del escritor.

Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día. Así arrinca esta trepidante historia de intriga e suspense. A través de correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendentes, o seu pai, morto, ou quen está a facerse pasar por el, vai obrigando a que o protagonista investigue un terrible asunto do pasado que quedou sen resolver.

PREGUNTA: Cantos estoxos había sobre a mesa e que poñían as súas etiquetas?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

XOELIKI, O GRANDE APAGAMENTO de Abraham Carreiro

xoeliki

Abraham Carreiro Fernández (Vigo, 1981) cursou catro anos de estudos en Artes Gráficas e un ano de especialización en ilustración de libros.

Actualmente traballa como debuxante, ilustrador e deseñador gráfico.
Ten publicadas numerosas obras entres as que destacan: Xoeliki as aventuras dun ciberpirata, premiada na novena edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento, na categoría xuvenil; Os pequenos Barbanzóns ( Ed. Toxosoutos); a historia de cómic Juppy que Vicio premiada no salón de Historias em Quadrinhos de Sao Paulo e o conto infantil As espiñas do porco espiño , premiado polos nenos e nenas na oitava edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento na categoría infantil.

Xoeliki é un neno de once anos introvertido e tímido. Xoga aos videoxogos on-line e bota horas chateando na Internet. Pasa moito tempo só porque a nai traballa todo o día e o pai morreu hai uns anos. A vida de Xoeliki xira arredor da casa e do colexio, ata que un día ocorre un feito misterioso que lla cambiará por completo: recibe un paquete sorpresa. Isto levarao a vivir novas aventuras, coñecer amigas e amigos como Ari, o sabio Barbabranca, o enigmático Maverick, Centulo –profesor de Programación e Desenvolvemento- e algún inimigo como Mr. Virus.

PREGUNTA: Como se chama a doutora que axuda a Fran?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !