LAGRIMAS DE SANGRE de Jordi Sierra i Fabra

lagrimas

Jordi Sierra i Fabra naceu en Barcelona en 1947. Leva máis de 30 anos escribindo e a súa obra, que supera os 400 libros, abrangue todo tipo de xéneros desde a poesía até a narrativa, o ensaio, a historia e a biografía. Pola súa creación literaria recibiu numerosos premios tanto polas súas obras en castelán coma en catalán.

Esta noite Marcelo encontrou á súa nai maltreita por unha malleira máis de seu pai. Decide que esa vai ser a última e sae a buscalo para darlle fin a este pesadelo. Coa súa moto empeza un periplo pola cidade nocturna, chea de vida e de amigos, que o farán meditar sobre moitas cousas e querer romper con outras, como coa súa moza Clara. Quizais outra relación o fará sentir mellor. Non está no mellor estado para pensar, a súa rabia e o desexo de vinganza núbrao todo.

PREGUNTA: Por que Marcelo di que ten dúas pernas esquerdas e de madeira?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !

UNA HISTORIA FAMILIAR de Christine Nöstingler

historia

Christine Nöstlinger (Viena, 1936) é unha das escritoras máis recoñecidas de literatura xuvenil en lingua alemá. Ao finalizar o bacharelato, dedicouse á pintura e o seu primeiro libro consistiu nuns debuxos aos que engadiu un texto. A crítica valorou o texto e ignorou as ilustracións. A partir deste feito, a autora comezou unha carreira literaria chea de éxitos. Nos seus libros aborda problemas reais con humor e sentido crítico. Recibiu grandes premios ata conseguir o premio Andersen, o máximo galardón internacional de literatura xuvenil.

Gretchen ten catorce anos. Ela e a súa familia, os Sackmeier, son coñecidos polos veciños como os Cinco Sacos. Todo empeza a cambiar cando a súa nai, Elisabeth, se rebela e decide darse unha oportunidade coma muller: ponse a traballar co desexo de poder retomar os estudos para ser asistenta social, ademais, ponse a dieta para crecer en autoestima. O seu marido non acepta tanto cambio. Esta nova situación coincide coa etapa convulsa da adolescencia de Gretchen.

PREGUNTA: Que lle regalou Hinzel a Gretchen?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA !