O GARDIÁN INVISIBLE de Dolores Redondo

gardian

Dolores Redondo Meira (San Sebastián, 1969) Estudou Dereito e Restauración. Comezou na literatura escribindo relatos curtos e contos infantís. En 2009 publicou a súa primeira novela, Los privilegios del ángel e en xaneiro de 2013, O gardián invisible, primeiro volume da Triloxía do Baztán. En novembro do mesmo año saca a segunda parte titulada Legado en los huesos, e termina en novembro de 2014 con Ofrenda a la tormenta. Esta triloxía vendeu máis de 400.000 exemplares, foi traducida a máis de 15 idiomas e a súa adaptación ao cine xa está en curso.

El guardián invisible é o primeiro título da triloxía que se inicia co descubrimento, na beira do río Batzan, do corpo espido dunha adolescente. A inspectora de homicidios da Policía Foral de Navarra Amaia Salazar será a encargada de dirixir a investigación que a levará de volta a Elizondo, o lugar onde naceu e do que sempre quixo escapar.

Este thriller manexa con mestría o contraste entre o racional e científico, co lendario e mítico.

PREGUNTA: CON QUEN CASOU A TÍA ENGRASI ?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA de Ledicia Costas

Escarlatina-a-cocineira-defunta

Ledicia Costas (Vigo, 1979), escribiu a súa primeira novela sendo adolescente, Unha estrela no vento (1999). Publicou relatos curtos e obras de poesía cos que obtivo varios premios. Traballou no mundo do guión cinematográfico e do audiovisual na creación de documentais. Exerce de avogada pero é poeta de vocación. O corazón de Xúpiter (2012) é a súa segunda novela, Recinto Gris (2014), a terceira, e Un animal chamado néboa (2015), a cuarta. En 2014 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, en 2015, con Escarlatina, a cociñeira defunta (2014).

Como Román quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos. E nese día tan especial recibiu un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado das instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX. Viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén. Unha ducia de receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

PREGUNTA: QUE TRASNADA LLE FIXERON O AVÓ E ROMÁN Á SEÑORA RAMONA NO CINE?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!