SPAM de Carlos Peramo

spam

Carlos Peramo (Barcelona, 1967) recoñece que non foi bo estudante. Suspendeu a EXB, e abandonou os estudos de Formación profesional. Con 17 anos, comezou a traballar e desempeñou diversos traballos. Con 19 anos matriculouse nunha escola para adultos e sacou o Graduado Escolar. Leu o seu primeiro libro con 17 anos: O exorcista de William Petter Blatty, e quedou tan fascinado que decidiu que quería ser escritor. A principios dos noventa mandou tres relatos a un certame literario menor e un deles gañou o primeiro premio. No xurado estaba Mercè Company que o incitou a matricularse en Aula de Lletres dirixida por ela mesma. Actualmente é profesor e director desta escola.

Despois da morte da súa moza nun accidente de moto, Lucas múdase cos seus pais a un pobo. Alí empezará de novo e tratará de superar o sentemento de culpa polo ocurrido. Recén chegado, coñece a Micol, unha rapaza pola que se sente atraído e que agocha un estraño don. Tanto os spams, as visións que ten sobre o futuro, como a capacidade de ver e falar cos espíritus, forman parte da súa vida diaria.

PREGUNTA: ONDE LEVA MICOL A LUCAS DESPOIS DE QUE SALVARAN Á MALCORAJE?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!

EL TIGRE QUE TENÍA MIEDO A LAS GALLINAS de Alfredo Gómez Cerdá

tigre

Alfredo Gómez Cerdá (Madrid, 1951) sentiu atracción pola literatura desde pequeno. É licenciado en Filoloxía Española. Deu o seus primeiros pasos no teatro pero é sobre todo coñecido polas súas obras de literatura infantil e xuvenil, eido no que se convertiu nun dos autores de referencia. Leva escritos un cento de libros para diferentes idades, desde primeiros lectores ata adultos. Os seus libros publicáronse en moitos países de Europa, América e Asia, e con eles gañou varios premios dentro e fóra de España. En 2009, obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Juvenil.

Antonio vive nun Centro de Menores, e apenas recorda o que significa vivir na rúa, en liberdade. A chegada de Pedro, o seu novo compañeiro de cuarto, fará que Antonio empece a cuestionarse cousas ás que antes non daba importancia, ou diante das que sentía medo, como a vida máis alá deses tristes muros, a súa propia dignidade, a xustiza… Será capaz de vencer os seus medos e deixar de ser un tigre que teme as galiñas?

PREGUNTA: ONDE DURMIRON A NOITE QUE PASARON EN BARCELONA?

VEN BUSCALO Á BIBLIOTECA!